Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Nigrán recibe á campioa española infantil de xadrez Mireya Represa.

Nigrán recibe á campioa española infantil de xadrez Mireya Represa.

Correo-e Imprimir PDF
Alberto Valverde xunto a Mireya Represa (de amarelo) e xogadores do Club de Xadrez Laroca.

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva recibiron hoxe no Concello de Nigrán a moza Mireya Represa, campioa española infantil de xadrez. Esta estratega de tan só 10 anos obtivo recentemente o título de campioa de España de Xadrez na categoría infantil. Este non é o primeiro título que obtén Mireya, xa que o pasado ano resultou campioa a nivel nacional de benxamins, daquela con tres anos de práctica do xadrez ás súas costas.

A campioa foi recibida cunha emotiva homenaxe no despacho da alcaldía, que foi seguida de cerca por compañeiros e compañeiras da moza así como tamén xogadores do club de Nigrán Xadrez Laroca. Na súa axenda Mireya ten o campionato europeo de xadrez como próximo cita de envergadura.

Na recepción o alcalde Alberto Valverde, felicitou á novo membro do Club de Xadrez Laroca, que estivo acompañada por outros compañeiros e por membros da directiva do club, polo seu traballo e o seu sacrificio, especialmente tendo en conta a súa temperá idade, e "por levar o nome de Nigrán por toda España, e agora a Europa". Neste sentido, Valverde sinalou a importancia do apoio ao deporte basee no municipio, e adiantou a Mireya e ao resto dos integrantes do club Laroca "que de agora en diante conta co respaldo do Concello de Nigrán".