Sábado, 18 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade O Concello de Nigrán acolleu a presentación do Raid Internacional Rías Baixas .

O Concello de Nigrán acolleu a presentación do Raid Internacional Rías Baixas .

Correo-e Imprimir PDF
catamarn_a_vela

O Concello de Nigrán acolleu hoxe a presentación do Raid Internacional Rías Baixas de catamaráns a vela e raceboard 2011, que terá lugar entre o 15 e o 17 de xullo. Tras arribar durante estes anos en todos os areais do litoral do sur de Galicia, o Concello de Nigrán toma un especial protagonismo ao albergar a Estación Náutica de Praia América, a Base Loxística da organización deste VIII RAID, a mesma localización que a utilizada en 2008 cando Nigrán foi epicentro do Campionato do Mundo de Catamaráns a Vela.

A regata

A organización do evento corre a cargo da Estación Náutica de Praia América e a empresa Desmarque, S.L. O RAID INTERNACIONAL cumpre este ano o seu VIII convocatoria, coa mesma filosofía inicial coa que en 2004 púxose en marcha por vez primeira: deporte, natureza e turismo náutico nun atractivo marco como o é a Ría de Vigo e a Bahía de Baiona.

Durante tres xornadas de competición, o Concello de Nigrán será punto de partida e chegada en cada unha delas, seguindo o seguinte itinerario de percorridos e horarios:

Venres, 15 de xullo

Saída ás 13.00 horas. Percorrido costeiro de 8 millas entre Praia América, Baliza nas Illas Cíes e regreso a Praia América. Se as condicións meteorológias non permiten unha proba offshore o Comité da regata ten previsto un percorrido alternativo para esta xornada co seguinte trazado: Praia América, Ronseis, Ladeira, Panxón, Ronseis, Ladeira e Praia América, é dicir, percorrido polo interior da Baía de Baiona.

Sábado, 16 de xullo

Saída ás 12.00 horas. Trazado costeiro longo, dunhas 18 millas aproximadamente entre: Praia América, Alcabre, Liméns, Cabo Home, San Martiño de Cíes (illa sur) e Praia América, tomando o paso sempre entre Ronseis e Monteferro.

Domingo, 17 xullo

Saída ás 12.00 horas. Percorridos técnicos ou ao vento, sobre un circuíto montado entre aboias, onde se executarán varios barlovento-sotavento fronte a Praia América.

A edición de 2011 virá arroupada pola presenza das táboas a vela da modalidade do RACEBOARD, que realizarán o seu bautismo por primeira vez no RAID INTERNACIONAL.

O acto, presidido polo alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, quen tamén asistiu ao acto en representación da Deputación de Pontevedra, e a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, contou tamén coa participación da delegada da Xunta de Galicia en Vigo, Lucía Molares, Fernando Giraldo, Director Técnico do RAID e Roberto Romeu, Responsable do Club de Vela de Praia América e Coordinador dos concertos musicais, entre outros representantes das institucións e empresas que patrocinan e colaboran no evento deportivo.

Alberto Valverde manifestou sentirse moi orgulloso de que a organización da regata opte nesta ocasión pola costa e as praias de Nigrán para celebrar este evento. "“La celebración de este tipo de eventos deportivos en Nigrán es para nosotros una prioridad”, adiantou o alcalde. Así mesmo, o alcalde manifestou o apoio que o novo goberno de Nigrán quere dar ao deporte no municipio. "De ahora en adelante, apoyaremos y dinamizaremos en la medida de nuestras posibilidades todo tipo de actividades y competiciones deportivas en el municipio", asegurou Valverde.