Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Charla - Debate na A.V. de Panxón: ""Que está a pasar coa Sanidade Pública?"

Correo-e Imprimir PDF

sanidad-publica-portadaO co pago sanitario, a redución das quendas dos servizos de emerxencia e farmacias, o futuro da atención hospitalaria dos veciños da bisbarra e os recortes que se están a aplicar dende as distintas administracións do Estado a Sanidade Pública, son algúns dos temas que a Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Val Miñor quere tratar nunha charla - coloquio baixo o título "Que está a pasar coa Sanidade Pública? Propostas e debate". A mesma terá lugar na Asociación de Veciños de Panxón , na Avenida da Porqueira (Nigrán), o vindeiro venres 27 de abril ás 19:30 horas.

1 Km 100 euros no maratón solidario para a asistencia as persoas con enfermidades raras

Correo-e Imprimir PDF

1euro 100KmA Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (FEGEREC) organiza o vindeiro 15 de abril en A Coruña, unha marotón solidaria para a asociacións que ofrece axuda asistencial ás persoas que sofren lupus, esclerose lateral amiotrófica, ataxia, fibrosis quística, linfedema, retinose pigmentaria, Arnold-Chiari e esclerose múltiple.

A feredación Inicia unha campaña online de crowdfunding (micro achegas) para conseguir recadar 4.200 euros, o mesmo importe que foi recortado nas subvencións públicas que recibían.

Curso de costura e graduado escolar para adultos no Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

imagen costuraA Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres organiza un curso básico de costura. No curso adquiriranse coñecementos elementais para realizar pequenos arranxos, puntadas básicas, coller bastas, coser botóns, poñer cremalleiras etc.

Nigrán abre inscricións para os campamentos organizados pola Deputación de Pontevedra.

Correo-e Imprimir PDF

web campamentos2A concellaría de Turismo, Cultura e Deportes do Concello de Nigrán informa que os Campamentos Infantís Príncipe Felipe da Deputación de Pontevedra abriron o prazo de inscrición para este 2012. Este ano, a Deputación de Pontevedra oferta sete quendas de cinco días, cada un deles entre os meses de xullo e agosto, nos que os nenos poderán gozar de actividades ao aire libre, deportes variados, individuais e en equipo, actividades acuáticas e talleres.

Xornada de limpeza e divulgación mariña na praia de Patos coa CEMMA e a Escola Prado Surf.

Correo-e Imprimir PDF

praia-de-patosO vindeiro sábado 24 de marzo a praia de Patos será escenario dunha xornada de limpeza medioambiental e divulgación mariña organizada pola Escola Prado Surf, o Acuario d'O Grove e a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA). A actividade enmárcase na campaña "Iniciativas Oceánicas 2012" auspiciada pola Surfrider Foundation, que está a realizar similares actividades de divulgación e formación en todo o planeta durante esta fin de semana.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL