Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Taller infantil para decoracións do Nadal, no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón

Correo-e Imprimir PDF

- O concello de Nigrán facilitará un servizo de transporte

O venres 21 os máis pequenos do municipio teñen unha cita co Nadal. O Pavillón Municipal de Deportes de Panxón abrirá a partir das 17.00 horas para ofrecer uns talleres infantís de decoración do Nadal. Os adornos realizados polos nenos serán utilizados para decorar o pavillón para a celebración o domingo 23 a partir das 17.00 horas do Papá Noel Solidario.

O Concello de Nigrán abre inscrición para un campamento infantil durante o Nadal.

Correo-e Imprimir PDF

A concellaría de Patrimonio, Mocidade e Igualdade, a través do CIM de Nigrán abre inscricións para un campamento de Nadal para nenos de entre 3 e 12 anos. O campamento celebrarase entre o 24 de decembro e 7 de xaneiro (fins de semana e festivos non incluídos), de 9.00 a 14.00 horas, nas que os participantes realizarán diversos talleres relacionados co Nadal e as festas.

A comisión de festexos fai un chamado aos veciños de Gondomar para integrar o elenco do "Nacemento vivente" neste Nadal.

Correo-e Imprimir PDF

concellogondomar-nadalA concellaría de Cultura de Gondomar e a Asociación de Mulleres Rurais San Benito están a preparar dende o pasado luns 10 de decembro, o tradicional "Nacemento vivente" que en cada Nadal ponse en escena na Praza da Paradela. Por tal motivo fan un chamado aos veciños do municipio a integrarse aos ensaios que se están a desenvolver tódolos días a partir das 16 horas fronte ao Concello.

Parada inaugura local da Asociación Centro Cultural e Recreativo de Parada do Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

local-parada-do-minorO vindeiro día 10 de novembro inaugurarase o local da Asociación Centro Cultural e Recreativo de Parada do Miñor. O acto, organizado conxuntamente entre as Directivas da Comunidade de Montes en mán común de Parada e da Asociación Centro cultural e Recreativo de Parada do Miñor, comezará as 17.30 e o programa é o seguinte:

O Concerto de Outono da coral Novos Aires recollerá alimentos a favor da obra de Cáritas Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

coro novos_airesO tradicional "Concerto de Outono" que organiza a Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán, terá este ano unha faciana solidaria. O colectivo decidiu para esta edición fixar unha entrada simbólica a través da achega de alimentos non perecedoiros ou perecedoiros de longa duración, que serán destinados ao banco de alimentos de Cáritas Nigrán. O festival coral terá lugar este sábado 10 de novembro ás 20:30 horas no Salón de Actos do Concello de Nigrán.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL