Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade O Concello de Nigrán abre inscrición para un campamento infantil durante o Nadal.

O Concello de Nigrán abre inscrición para un campamento infantil durante o Nadal.

Correo-e Imprimir PDF

A concellaría de Patrimonio, Mocidade e Igualdade, a través do CIM de Nigrán abre inscricións para un campamento de Nadal para nenos de entre 3 e 12 anos. O campamento celebrarase entre o 24 de decembro e 7 de xaneiro (fins de semana e festivos non incluídos), de 9.00 a 14.00 horas, nas que os participantes realizarán diversos talleres relacionados co Nadal e as festas.

 

O prezo das inscricións por neno será de 40 euros, cun desconto de 10 euros para as unidades familiares con máis dun fillo inscrito. Para máis información e inscricións dirixirse ao CIM de Nigrán, na Antiga Estación de Tranvía, no teléfono 986 38 30 81 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .