Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade A comisión de festexos fai un chamado aos veciños de Gondomar para integrar o elenco do "Nacemento vivente" neste Nadal.

A comisión de festexos fai un chamado aos veciños de Gondomar para integrar o elenco do "Nacemento vivente" neste Nadal.

Correo-e Imprimir PDF
concellogondomar-nadal

A concellaría de Cultura de Gondomar e a Asociación de Mulleres Rurais San Benito están a preparar dende o pasado luns 10 de decembro, o tradicional "Nacemento vivente" que en cada Nadal ponse en escena na Praza da Paradela. Por tal motivo fan un chamado aos veciños do municipio a integrarse aos ensaios que se están a desenvolver tódolos días a partir das 16 horas fronte ao Concello.

 

O "Nacemento vivente" será escenificado os días 25 e 30 de decembro e o 5 de xaneiro na Praza da Paradela (fronte ao Concello).

Os interesados poden contactar á Asociación de Mulleres San Benito (móbil 682074884), ou na Concellaría de Cultura, en horario de atención ao público, no teléfono 986363913.