Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Iníciase a campaña solidaria para acoller nenos dos campos de refuxiados do Sáhara.

Correo-e Imprimir PDF

saharahui-na-ColleiraComo tódolos anos a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí desenvolve a campaña "Vacacións en Paz", co fin de que nenos que viven nos campamentos de refuxiados no Sáhara podan gozar dunha estancia en Galicia durante os meses de xullo e agosto. Para iso, convocan a familias interesadas en acollelos a comunicarse coa delegación comarcal da ONG. O delegado no Val Miñor é Xosé H. Porto Varela, e os teléfonos de contacto 986369189 ou 679308833. Tamén por correo electrónico no enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , onde se dará todo tipo de información sobre este programa.

Galiza Non Se Vende protagonizará un xuizo popular contra a destrución medioambiental, patrimonial e económica do país

Correo-e Imprimir PDF

A plataforma representará un xuizo popular en SantiagoO vindeiro domingo 14 de outubro ás 12:00 horas na Alameda de Santiago de Conmpostela, o grupo de colectivos ecoloxistas e sociais que forman parte de Galiza non se Vende, organizan un Xuizo Popular simulado, aos responsables da destrucción e o desleixo da terra e o mar.

Avelaíña convoca á “Marcha Saudable” que desenvolverá este mércores no Día Mundial da Saúde Mental.

Correo-e Imprimir PDF

marcha saudableA Asociación Avelaíña participará do Día Mundial da Saúde Mental, organizado unha "Marcha Saudable" o vindeiro mércores 10 de outubro. A mesma sairá d'A Ramallosa ás 10 horas e percorrerá a bisbarra durante unha hora até arribar á Praza do Concello de Baiona. A esa hora lerase o manifesto "Toda unha vida para mellorar" e terá lugar un concerto de Xerock.

As 100 primaveras de Camila Sanromán

Correo-e Imprimir PDF

Camila Sanromán cumpriu 100 anos rodeada de tres xeraciónsCamila Sanromán Martínez, veciña de Panxón, pasou estes días a ocupar un lugar na lista de veciños centenarios do Val Miñor.

Familiares e amigos reuníronse estes días para celebrar con Camila Sanromán Martínez, o seu cumpreanos número 100. Tres xeracións a contemplan e a rodean de cariño algo que segundo manifesta a enche "de felicidade" de "a mantén vital día a día". Co gallo do centenario, a Asociación Veciñal "Monteferro" de Panxón non quixo perder a oportunidade de celebrar canda Camila a alegría desta celebración e agasallar á súa "Socia de Honra" xa que Camila sigue sendo a socia con máis idade. 

Para aprender nunca é tarde: o CIM de Nigrán retoma os cursos de reforzo educativo para adultos.

Correo-e Imprimir PDF

librosestudiarO Centro de Información á Muller de Nigrán informa da apertura de inscricións para un curso de reforzo educativo destinado a persoas adultas. No curso impartiranse nocións básicas de matemáticas, lectoescritura, xeografía, etc. A actividade será de totalmente de balde.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL