Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Galiza Non Se Vende protagonizará un xuizo popular contra a destrución medioambiental, patrimonial e económica do país

Galiza Non Se Vende protagonizará un xuizo popular contra a destrución medioambiental, patrimonial e económica do país

Correo-e Imprimir PDF
A plataforma representará un xuizo popular en Santiago

O vindeiro domingo 14 de outubro ás 12:00 horas na Alameda de Santiago de Conmpostela, o grupo de colectivos ecoloxistas e sociais que forman parte de Galiza non se Vende, organizan un Xuizo Popular simulado, aos responsables da destrucción e o desleixo da terra e o mar.

O acto pretende por en evidencia a falta de actuación da propia xustiza nos casos que salpican a grandes corporacións e os gobernos locais, autonómicos ou estatal ,que incumpren de xeito reiterado as propias normativas nacionais e europeas en materia medioambiental, económica e patriomonial.

 

Galiza Non Se Vence imputalles cargos sobre a Perda da soberanía alimentar (abandono do sector primario, mar, rural..), a desastrosa xestión de residuos e contaminación, a minería salvaxe e sobreexplotación dos recursos (ríos, montes, vento...), desprotección da biodiversidade, esfarelamento do territorio (infraestruturas, especulación..), abandono do patrimonio cultural.

Quen defende a terra e o mar?

A campaña pretender facer público e sinlalar todos desmáns medioambientais de Galicia, así como apuntar aos culpables e responsables dos mesmos. A plataforma creou un blog para facer públicos todos os artigos.

http://quendefende.wordpress.com/quen-somos/