Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Campamento de Semana Santa para nenos

Correo-e Imprimir PDF

campamentos-2003A Concellería Patrimonio, Igualdade e Xuventude, a través do CIM de Nigrán, organiza un campamento de Semana Santa para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e 11 anos. O campamento desenvolverase os día 2,3,4 e 9 de abril e terá un custe de 40 euros.

Estudantes e profesores do programa Comenius visitan Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

comeniusUnha delegación de 21 alumnos e 17 profesores de diversos países do continente estarán de visita en Nigrán ata o vindeiro sábado 24 de marzo, no marco do programa Comenius. Trátase dunha viaxe pedagóxica, co fin de fornecer o intercambio de experiencias e o coñecemento das diversas xeografías e culturas de Europa, entre alumnos e profesores dos países membros da Unión Europea. Co colexio Ángel de la Guardia como anfitrión, a delegación percorrerá Galicia, nomeadamente a contorna do Val Miñor.

Familiares e amigos despiden ao activista miñorán Xosé Reigosa en Monteferro nun emotivo acto

Correo-e Imprimir PDF

Xosé Reigosa SolleiroO pasado 3 de marzo un centenar de persoas, chegadas dende todos os puntos de Galicia, déronse cita en Monteferro para darlle o último adeus a Xosé Reigosa.

O acto transcurriu nun ambiente emotivo e de reecontro no que a poesía e os relatos dos diversos compañeiros e compañeiras lembraron a figura do activista.

Galiza Contrainfo publica un vídeo-homenaxe a Xosé Reigosa con imaxes do acto celebrado en Monteferro.

O Concello de Nigrán abre inscricións para o programa Acción de Verán

Correo-e Imprimir PDF

Están abertas as inscricións para o programa Acción de Verán, desenvolver pola Xunta de Galicia. Trátase dun programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden actividades de ocio para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros.

O IES Val Miñor realiza unha actividade de avaliación do lixo mariño en Praia América

Correo-e Imprimir PDF

profesores-ies-val-minor-vaO IES Val Miñor celebrou hoxe en Praia América e Panxón unha actividade de avaliación do lixo mariño, en colaboración coa concellaría de Medio Ambiente do Concello de Nigrán e da empresa de recollida de RSU CESPA. Co conxunto de datos obtidos os alumnos e alumnas do centro realizarán un informe de avaliación do estado mediomabiental do areal.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL