Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade O IES Val Miñor realiza unha actividade de avaliación do lixo mariño en Praia América

O IES Val Miñor realiza unha actividade de avaliación do lixo mariño en Praia América

Correo-e Imprimir PDF
profesores-ies-val-minor-va

O IES Val Miñor celebrou hoxe en Praia América e Panxón unha actividade de avaliación do lixo mariño, en colaboración coa concellaría de Medio Ambiente do Concello de Nigrán e da empresa de recollida de RSU CESPA. Co conxunto de datos obtidos os alumnos e alumnas do centro realizarán un informe de avaliación do estado mediomabiental do areal.

 

Na actividade participaron arredor de 170 alumnos e alumnas de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO e de 1º de Bacharelato, repartidos en 21 grupos de traballo. A praia dividiuse en doce seccións, cada unha dela asignada a un ou dous grupos de nenos e nenas que, baixo a supervisación de profesorado do centro, recolleron nunha bolsa plástica o lixo que atoparon ao seu paso, anotando nun formulario específico os distintos obxectos recollidos.

O alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, desplazouse hoxe a Praia América para coñecer de primeira mano a actividade desenvolvida polos alumnos e alumnas do IES Val Miñor. Na súa visita subliñou o valor desta iniciativa, "que certifica a calidade medioambiental e de limpeza das nosas praias, ademais de ensinar aos alumnos a importancia do coidado e protección do noso entorno".

Segundo o Concello os profesores do centro IES Val Miñor ratificaron o bo estado do areal, no que so atoparon lixo de tamaño reducido e moi específico. "Nótase que a praia límpase todalas semanas", terían comentado.

Así mesmo, o alcalde animou aos centros escolares do municipio a seguir desenvolvendo actividades de educación ambiental para o seu alumnado, como fai o IES Val Miñor dende hai xa máis de dez anos. "A educación no coidado e protección medioambiental é o primeiro paso para manter en bo estado os espazos naturais do municipio, como os nosos areais, os nosos ríos e os nosos bosques", engadiu Valverde.