Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

A Concellería de Benestar do Concello de Gondomar organiza unha viaxe a Andalucía para maiores de 55 anos

Correo-e Imprimir PDF

granada-A viaxe, que visitará as cidades de Sevilla, Córdoba e Granada, será do 14 ao 19 de outubro

-Pode reservarse praza ou solicitar información no Departamento de Benestar Social, na Casa da Cultura

A oficina de voluntariado de Nigrán anima a colaborar e facer uso do roupeiro municipal.

Correo-e Imprimir PDF

donaropa 2A oficina de voluntariado informa que o roupeiro municipal de Nigrán, situado na Casa do Conserxe do CEIP Humberto Juanes está aberto ao público tódolos mércores e xoves de 10 a 12 horas. Este servizo social cumpre a dobre función de recoller as prendas que os veciños da bisbarra desexen entregar ao mesmo tempo ofrecer as mesmas a quen o necesite. Os usuarios dispón dun teléfono de consultas (986 383 081), atendido pola Oficina de voluntariado de Nigrán.

A OMIX de Nigrán prepara tres obradoiros infantís no Centro Comercial d'A Ramallosa.

Correo-e Imprimir PDF

centro comercial_ramallosaA concellaría de Patrimonio, Xuventude e Igualdade, a través da OMIX de Nigrán, anuncia a celebración os vindeiros días 21 e 28 de setembro e o 5 de outubro de obradoiros dirixidos a nenos e nenas no primeiro andar do Centro Comercial d'A Ramallosa, de 18.00 a 20.00 horas. Neles os máis pequenos poderán xogar e divertirse mentres aprenden a facer sacos de olor, encadernación, crema dentrífica e moito máis. Máis información na OMIX de Nigrán, na Antiga Estación de Tranvía en Panxón ou no teléfono 986 383 081.

Usuarios de Avelaíña peregrinan a Santiago para loitar contra o estigma social.

Correo-e Imprimir PDF

FOTO-CAMIN0Avelaíña realizará por terceiro ano consecutivo un tramo do Camiño de Santiago, unha ruta na que participan xunto a outros usuarios de asociacións pertencentes a Feafes Galicia, monitor e familiares, sumando un total de 50 peregrinos.

Ábrense inscricións de ximnasia para adultos maiores de 55 anos no Concello de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

Ancianos-7O Concello de Gondomar, a través da Concellería de Benestar Social, abre o prazo para inscribirse nos cursos de "Estimulación da Memoria" e "Ximnasia de Mantemento" destinado a persoas maiores de 55 anos do Municipio. O prazo estará aberto ata o 12 de setembro.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL