Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Usuarios de Avelaíña peregrinan a Santiago para loitar contra o estigma social.

Usuarios de Avelaíña peregrinan a Santiago para loitar contra o estigma social.

Correo-e Imprimir PDF
FOTO-CAMIN0

Avelaíña realizará por terceiro ano consecutivo un tramo do Camiño de Santiago, unha ruta na que participan xunto a outros usuarios de asociacións pertencentes a Feafes Galicia, monitor e familiares, sumando un total de 50 peregrinos.

 

Dende a institución explican que a iniciativa pretende ser unha "loita activa contra o estigma social, que sirva para mostrar unha imaxe normalizada da enfermidade mental".

O percorrido comezará este mércores 5 de setembro, en Salceda (O Pino) mentres que a chegada a Compostela está prevista para o venres 7. O itinerario inclúe máis de 28 quilómetros do Camiño Francés.

Na primeira etapa os participantes percorrerán 8 quilómetros, entre Salceda e Arca, ambos os lugares pertencentes ao concello do Pino. No segundo día cubrirán unha etapa de 15 quilómetros ata chegar ao Monte do Gozo. O venres alcanzarán Santiago logo de completar os últimos 4,5 quilómetros.

En Santiago está prevista unha recepción no Concello e posteriormente unha comida nun restaurante do casco histórico.