Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Obradoiro de iniciación ao Mosaico no Nornas Hostel de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

mosaicoO vindeiro sábado día 16 terá lugar en Nornas Hostel un obradoiro de 8 horas que tratará de iniciar ás persoas asistentes na arte do mosaiquismo. Grazas a esta técnica podense recuperar obxectos que se daban por perdidos aprendendo técnicas de adhesión, corte de materiais ou técnicas de deseño.

Alerta aos estudantes faltosos: de castigo haberá traballos comunitarios.

Correo-e Imprimir PDF

colegioculiao-290x290Doutro lado da raia o Ministério de Educaçao e Ciência está decidido a rematar coas tradicionais escapadas ás obrigas estudantís. Cativos e mozos que teñan demasiadas faltas deberán facer traballos a favor da comunidade, entre outras iniciativas segundo anunciou Nuno Crato, ministro que tutela o ensino na veciña Portugal. A medida está recollida no novo "Estatuto do Aluno", aprobado na sesión de hoxe do Conselho de Ministros e xa camiña cara ao Parlamento portugués.

En Vespa e Lambretta polo Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

Primeira-volta-ao-valminor-O vindeiro sábado 19 de maio terá lugar a II Volta ao Val Miñor en Vespa e Lambretta organizada polo Vespamiñor Scooter Club de Nigrán. A actividade dará comezo ás 9 horas coa inscrición de participantes no Paseo Carlos Casares (a carón do Concello de Gondomar), para logo percorrer en carabana uns 50 quilómetros pola bisbarra. Entre as actividades destácase unha visita guiada ao Pazo do Conde de Gondomar que abrirá as súas portas para unha xeira guiada. Os interesados deben comunicarse coa organización antes do evento para formalizar a súa participación, a través do teléfono 686 955 539 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

"Galicia quere información en galego"

Correo-e Imprimir PDF

Ubaldo Cerqueiro lendo o manifesto de Vitaminas para o galego Os 26 medios que participan das "Vitaminas" presentan un manifesto cara o Día das Letras.

"Sabemos tirar os penaltis e non facemos como o Barça e o Madrid" afirmaron os de Terbutalina no festival de Vitaminas para o galego que se celebrou na noite do pasado venres na Gentalha do Pichel en Santiago de Compostela. Ademáis do enerxético "gastro punk" dos de Muros, a xornalista Xiana Arias coordenou un acto no tamén participaron os poetas Gonzalo Hermo, Olalla Cociña e Alicia Fernández.

Inscricións para a andaina polo Camiño de Santiago pola Costa

Correo-e Imprimir PDF

Tres-mochilerosOs concellos de Nigrán e de Baiona organizan, en colaboración coa empresa Serviocio, o Camiño de Santiago pola Costa. A ruta desenvolverase entre A Guarda e Santiago de Compostela en seis etapas que se realizarán os fins de semana comprendidos entre o 12 de maio e o 2 de xuño.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL