Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade En Vespa e Lambretta polo Val Miñor

En Vespa e Lambretta polo Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF
Primeira-volta-ao-valminor-

O vindeiro sábado 19 de maio terá lugar a II Volta ao Val Miñor en Vespa e Lambretta organizada polo Vespamiñor Scooter Club de Nigrán. A actividade dará comezo ás 9 horas coa inscrición de participantes no Paseo Carlos Casares (a carón do Concello de Gondomar), para logo percorrer en carabana uns 50 quilómetros pola bisbarra. Entre as actividades destácase unha visita guiada ao Pazo do Conde de Gondomar que abrirá as súas portas para unha xeira guiada. Os interesados deben comunicarse coa organización antes do evento para formalizar a súa participación, a través do teléfono 686 955 539 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

 Trátase da segunda concentración deste tipo que organiza o Vespamiñor Scooter Club de Nigrán, unha asociación con menos dun ano de vida, pero que xa congregou a máis de 300 moteiros na primeira edición o pasado mes de setembro.

Programa da II Volta ao Val Miñor en Vespa e Lambretta.

- Hora 9. Apertura de inscricións no Paseo Carlos Casares. Almorzo de cortesía ofrecido por Coffe Pan Baiona, con as tradicionais rosquillas Cristaleiro e actuación do grupo Abrobiga.

-Hora 11. Paseo polo Val Miñor (50km) cunha parada na tapería Tapa en Tapa de Nigrán, onde desgustarase pinchos e cañas.

-Hora 14:30. Comida no Restaurante Soleiro de Mañufe (Gondomar).

Posteriormente visitarase nunha xeira guiada o Pazo do Conde de Gondomar e ás 18 horas no Pub Azzaro d'A Ramallosa, terá lugar unha festa con sorteos e obsequios.

Inscricións

A inscrición completa ten un custe de 25 euros. Inclúe unha bolsa de regalo, almorzo, pinchos, cañas, comida e sorteos. Se pode adiantar a inscrición no teléfono 686 955 539 (Laure).

A inscrición só para o recorrido ten un custe de 10 euros. Inclúe bolsa de regalos, almorzo, pincho , caña e sorteo de obsequios.