Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

Gondomar gozou co seu Entroido.

Correo-e Imprimir PDF

entroido-gondomar-2012Onte, nunha tarde case primaveral miles de persoas achegáronse ata o centro da vila de Gondomar para participar dun colorido Entroido que contou coa participación de quince comparsas da contorna. A festa comezou coa lectura do pregón a cargo da presentadora de TVG Beatriz Manjón. Logo durante máis de tres horas a vila viviu unha fermosa xornada de máscaras, disfraces e música.

Gondomar adobía o seu Entroido Infantil con xoias do Obradoiro de reciclaxe.

Correo-e Imprimir PDF

adobios-reciclaxe-gondomar-A praza da Alameda xa luce os adobíos cos que recibirá o Entroido Infantil da vila de Gondomar. Logo de varias semanas de traballo no Obradoiro de reciclaxe, as obras que os cativos prepararon xunto coa Asociación de Mulleres Rurais de Gondomar, ofrecen unha paisaxe multicolor no tradicional espazo público gondomareño. A praza será o marco onde escolares e estudantes da vila ofrecerán o seu espectáculo "Marcha coa túa máscara", logo dun desfila polas principais rúas de Gondomar.

A Xunta inicia hoxe as charlas de prevención ao consumo de drogas no IES Val Miñor

Correo-e Imprimir PDF

cocainaA Consellería de Cultura e Educación comezará este lúns 13 de febreiro no IES Val Miñor (Nigrán) unha serie de charlas informativas para a prevención do consumo de drogas. Dirixidas a alumnos e alumnas dos institutos de secundaria, as conferencias están impartidas por dous internos e un membro do equipo do Módulo Terapéutico do Centro Penitenciario da Lama, e teñen coma obxectivo xeral informar e intentar concienciar aos xoves escolares dos perigos que supón o consumo de drogas.

Campaña solidaria para acoller nenos do Sáhara durante os meses de xullo e agosto.

Correo-e Imprimir PDF

nino-saharauiComo tódolos anos a ONG Solidariedade Galega co Pobo Saharauí desenvolve a campaña "Vacacións en Paz", co fin de que nenos que viven nos campamentos de refuxiados no Sáhara podan disfrutar dunha estancia en Galicia durante os meses de xullo e agosto. Para iso, convocan a familias interesadas en acollelos a comunicarse coa delegación comarcal da ONG. O delegado no Val Miñor é Xosé H. Porto Varela, e os teléfonos de contacto 986369189 ou 679308833. Tamén por correo electrónico no enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo , onde se dará todo tipo de información sobre este programa. Hai prazo ata finais de febreiro.

Os rapaces do C.E.I.P. da Cruz colaboran coa ONG Mensajeros de la Paz na axuda humanitaria a Haití.

Correo-e Imprimir PDF

terremoto-en-haiti-2O pasado Nadal o CEIP da CRUZ , na parroquia de Camos (Nigrán) organizou un Mercado Solidario co fin de amosar aos seus alumnos o difícil que é para moitos nenos e nenas doutras partes do mundo o seu día a día. Para elo, os nenos e nenas de dito centro doaron obxectos e xoguetes que tiñan na casa para recadar cartos para a Organización non Gobernamental "Mensajeros de la Paz".

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL