Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade

Sociedade

A Xunta de Galicia abre inscricións para as actividades de verán cara á mocidade.

Correo-e Imprimir PDF

campamentos-acuatico-00aMáis de 8.000 mozos e mozas poderán participar este ano da campaña de verán da Consellería de Traballo e Benestar. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado ofertará entre os meses de xuño e setembro máis de 8.000 prazas para mozos e mozas de ata 35 anos, habendo actividades específicas para menores e maiores de 18 anos. O investimento da Xunta nesta programación ascenderá a máis de 2,3 millóns de euros. A posta en marcha deste programa conlevará a contratación de preto de 900 monitores e directores de tempo libre.

Homenaxe a Xosé Reigosa en Monteferro

Correo-e Imprimir PDF

Xosé Reigosa
Os colectivos ecoloxistas e sociais de Galicia están convocados para este sábado nun acto de homenaxe ao recentemente falecido Xosé Reigosa.

Reigosa foi presidente fundador da Asociación ecoloxista Salvemos Monteferro e impulsor dos movementos ecoloxistas e sociais como Galiza Non se Vende ou a Ría non Se Vende.

Con máis de cen inscritos inaugúrase o I Curso de Formación de Especialistas en Toponimia.

Correo-e Imprimir PDF

Este venres 2 de marzo, ás 17 horas, no VERBUM de Vigo terá lugar a inauguración do I Curso de Formación de Especialistas en Toponimia, organizados polos Concellos de Vigo, Pontevedra e Ourense xunto co Instituto de Estudos Miñoranos (IEM). A actividade -que ten rexistrado un grande impacto na comunidade científica e universitaria con máis de cen inscritos-, conta coa colaboración da Vicerreitoría de Extensión Universitaria e a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo.

Surfeiros e institucións de ensino e atención a persoas con discapacidade, únense na I Xornada Surf Integración.

Correo-e Imprimir PDF

O Club Surfeiros e a Federación Galega de Surf, en colaboración co Concello de Nigrán, celebran o vindeiro venres 2 de marzo na praia de Patos a actividade "a túa primeira onda", dirixida integramente a persoas con discapacidade psíquica. A Fundación Menela, o centro de Educación Juan María e a fundación Igualarte participarán na primeira xornada Surf Integración.

A miñorana Mireya Represa Pérez campioa galega infantil de Xadrez.

Correo-e Imprimir PDF

mireya-breixo-xedrezA xogadora do Club de Xadrez Laroca de Nigrán, Mireya Represa Pérez, ven de acadar o título de campioa Galega Infantil (sub 14) de Xadrez no campionato de Galicia que desenvolveuse no hotel Scala de Padrón do 18 o 21 de Febreiro do 2012.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL