Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Homenaxe a Xosé Reigosa en Monteferro

Homenaxe a Xosé Reigosa en Monteferro

Correo-e Imprimir PDF
Xosé Reigosa


Os colectivos ecoloxistas e sociais de Galicia están convocados para este sábado nun acto de homenaxe ao recentemente falecido Xosé Reigosa.

Reigosa foi presidente fundador da Asociación ecoloxista Salvemos Monteferro e impulsor dos movementos ecoloxistas e sociais como Galiza Non se Vende ou a Ría non Se Vende.

Varias representacións de diversos colectivos de Galicia achegaranse este fin de semán a Monteferro para dar a última despedida e o recoñecemento á figura de Xosé Reigosa como referente da loita mediambiental e social en Galicia. A reunión servirá tamén para a creación dunha asamblea aberta do movemento Galiza Non Se Vende, que aglutina a todos os colevtivos que manteñen unha lotia aberta polas agresións no territorio.

A cita será ese sábado ás 12h en Monteferro, e continuará en Baiona cunha comida ás 15h e a posterior asamblea ás 17h.