Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Os rapaces do C.E.I.P. da Cruz colaboran coa ONG Mensajeros de la Paz na axuda humanitaria a Haití.

Os rapaces do C.E.I.P. da Cruz colaboran coa ONG Mensajeros de la Paz na axuda humanitaria a Haití.

Correo-e Imprimir PDF
terremoto-en-haiti-2

O pasado Nadal o CEIP da CRUZ , na parroquia de Camos (Nigrán) organizou un Mercado Solidario co fin de amosar aos seus alumnos o difícil que é para moitos nenos e nenas doutras partes do mundo o seu día a día. Para elo, os nenos e nenas de dito centro doaron obxectos e xoguetes que tiñan na casa para recadar cartos para a Organización non Gobernamental "Mensajeros de la Paz".

 

A experiencia foi un éxito tanto pola cantidade de obxectos e xoguetes doados polos alumnos/as e participación das familias no Mercadiño, como pola cantidade de cartos recadados: 900 euros que xa foron depositados polo equipo directivo e dous alumnos de 6º de Primaria, que acudiron en representación de toda a Comunidade educativa, nunha conta da Asociación Mensajeros de la Paz destinada a continuar coas labores de reconstrución de Haití.