Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade O Concello de Nigrán abre inscricións para o programa Acción de Verán

O Concello de Nigrán abre inscricións para o programa Acción de Verán

Correo-e Imprimir PDF

Están abertas as inscricións para o programa Acción de Verán, desenvolver pola Xunta de Galicia. Trátase dun programa de actividades que ten lugar durante os meses de xullo e agosto, tanto en Galicia como noutras comunidades autónomas. Está composto por diferentes áreas, que comprenden actividades de ocio para toda a xuventude e actividades de voluntariado en campos de traballo nacionais e estranxeiros.

 

As actividades da campaña de verán están dirixidas a todos aqueles mozos e mozas que desexen pasar un verán diferente, cooperando en iniciativas sociais ou compartindo experiencias con outros rapaces en campamentos de todo o estado. Son unha forma económica e divertida de axudar e gozar.

As persoas interesadas poden presentar as solicitudes no CIM (Antiga Estación do Tranvía de Panxón), Estrada pola Vía, nº65, Panxón, de luns a venres de 8:00 horas ás 15:00 horas e xoves de 16:00 horas ás 19:00 horas. Para máis información poden dirixirse ao CIM, chamar ao 986 383081 ou no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .