Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade O Concerto de Outono da coral Novos Aires recollerá alimentos a favor da obra de Cáritas Nigrán.

O Concerto de Outono da coral Novos Aires recollerá alimentos a favor da obra de Cáritas Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
coro novos_aires

O tradicional "Concerto de Outono" que organiza a Coral Polifónica Novos Aires de Nigrán, terá este ano unha faciana solidaria. O colectivo decidiu para esta edición fixar unha entrada simbólica a través da achega de alimentos non perecedoiros ou perecedoiros de longa duración, que serán destinados ao banco de alimentos de Cáritas Nigrán. O festival coral terá lugar este sábado 10 de novembro ás 20:30 horas no Salón de Actos do Concello de Nigrán.

 

O público asistente poderá gozar tamén da participación do grupo de cordas Son do Val, e do mestre Afasto Amoedo ao piano.