Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Curso de costura e graduado escolar para adultos no Concello de Nigrán.

Curso de costura e graduado escolar para adultos no Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
imagen costura

A Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude de Nigrán, a través do Centro de Información ás Mulleres organiza un curso básico de costura. No curso adquiriranse coñecementos elementais para realizar pequenos arranxos, puntadas básicas, coller bastas, coser botóns, poñer cremalleiras etc.

 

O curso esta destinado a homes e mulleres, pero darase prioridade aos homes interesados na realización do curso coa finalidade de fomentar a corrresposabilidade entre homes e mulleres nas tarefas domésticas.

O curso é gratuíto e comezará o vindeiro día 16 de abril. Para mais información e inscripcións as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres, na antiga estación do tranvía de Panxón, Estrada pola Vía, nº65, Panxón, ao teléfono 986 383 081 ou o correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Esta iniciativa inscríbese na área de corresponsabilidade e conciliación do II Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes do Concello de Nigrán, aprobado o pasado mes de novembro polo pleno.

Acceso ao graduado escolar

Así mesmo, a Concellería de Patrimonio Igualdade e Xuventude, a través do Centro de Información ás Mulleres, organiza un curso destinado á preparación das probas libres para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para persoas maiores de dezaoito anos. Aqueles interesados poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres (antiga estación do tranvía de Panxón), Estrada pola vía, nº65, Panxón ao teléfono 986 383 081 ou o correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo