Domingo, 19 Maio. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Sociedade Xornada de limpeza e divulgación mariña na praia de Patos coa CEMMA e a Escola Prado Surf.

Xornada de limpeza e divulgación mariña na praia de Patos coa CEMMA e a Escola Prado Surf.

Correo-e Imprimir PDF
praia-de-patos

O vindeiro sábado 24 de marzo a praia de Patos será escenario dunha xornada de limpeza medioambiental e divulgación mariña organizada pola Escola Prado Surf, o Acuario d'O Grove e a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (CEMMA). A actividade enmárcase na campaña "Iniciativas Oceánicas 2012" auspiciada pola Surfrider Foundation, que está a realizar similares actividades de divulgación e formación en todo o planeta durante esta fin de semana.

 

A actividade comezará ás dez da mañá cunha recepción ao público que se achega ata Patos, para posteriormente iniciar as tarefas medioambientais. Sobre as 11:30 horas, terá lugar unha observación de cetáceos e aves mariñas dirixida polos expertos do CEMMA, así como unha charla sobre a conservación de tabeiróns, a cargo de membros do Acuario d'O Grove.

Ao mediodía , os participantes poderán asistir a un simulacro de rescate dun golfiño varado vivo, a cargo do equipo de asistencia a varamentos de cetáceos do CEMMA. Finalmente terá lugar unha demostración de Surf a cargo da Escola Prado Surf e todos aqueles que leven as súas táboas.

Durante o transcurso da actividade estará montada para a súa visita, a exposición sobre mamíferos mariños do CEMMA.