Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

A xestión do monte de Vincios e as experiencias de agricultura ecolóxica a debate no CUVI.

Correo-e Imprimir PDF

Campus-de-Vigo-O eido da agroecoloxía centrará o V Congreso Internacional da GIEEA no que entre outros temas analizará a experiencia da explotación multifuncional do monte desenvolvida en Vincios. O evento congregará a máis de 200 expertos de Europa e América os días 26 ao 28 de xuño na Facultade de Econímicas e Empresariais da Universidade de Vigo.

Bolsa de emprego no festival @PortAmerica 2014

Correo-e Imprimir PDF

Público durante a edición de 2013 - Foto Oscar Pinal Vm.infoUn ano máis, e en colaboración co Concello de Nigrán, o Festival oferta unha bolsa de emprego para os veciños do Val Miñor, que se o desexan poderán ocupar algún dos postos dispoñibles para traballar man a man coa organización do Festival, que pretende converterse no punto de encontro das Rías Baixas no verán. 

15 artesáns de toda Galicia perfecciónanse na técnica da sombreiraría en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

antigua-fabrica-sombreros-8211-roma 1 1911827A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, en colaboración co Concello de Gondomar e a Asociación Galega de Artesáns Tradicionais organizan un Curso de Complementos de Moda: "SOMBREIRARÍA".
Esta actividade ten por obxectivo dar resposta ás inquedanzas manifestadas polos artesáns e a súa necesidade de pórse ó día en canto ás novas técnicas que permitan unha maior diversidade das súas producións para, así, aumentar a súa competitividade e acceder a novos mercados.

A edición 2014 do obradoiro “Terras do Miñor” mantén as 23 prazas pero modifica as ofertas formativas.

Correo-e Imprimir PDF

terras minor2Finalmente volverán ser 23 os desempregados da bisbarra que poderán beneficiarse do obradoiro mixto de formación e emprego "Terras do Miñor III" no 2014. A intención da Mancomunidade do Val Miñor era elevar o número de participantes a 45 ao engadir esta nova edición a especialidade de limpeza de inmobles, ás xa tradicionais de cociña e camareiro de restaurante e bar ofertadas nas de 2012 e 2013. Sen embargo, se ben foi admitida a nova especialidade o número de participantes será o mesmo que no 2013 (en 2012 foran 30) o que baixará as prazas ofertadas relacionadas ao eido hostaleiro.

A película “A praia dos afogados” recibiu máis de 200 mil euros da Xunta para a súa realización.

Correo-e Imprimir PDF

jacobo sutilA través da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) a Xunta  decidira en 2013 cofinanciar o proxecto do filme “A praia dos afogados” que se está a levar a cabo en distintos concellos pontevedreses, entre eles Nigrán, baixo a dirección de Gerardo Herrero e a cargo da produtora galega Foresta Films. A cifra foi dada a coñecer trala visita de Jacobo Sutil, director da AGADIC este martes á antiga comisaría de Nigrán, onde se estaban a rodar escenas do largometraxe.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL