Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

Os nomes detrás do herdeiro da coroa de España

Correo-e Imprimir PDF

2013013083felipe intFrancisco González (BBVA), Emilio Botín (Banco Santander) e Isidre Fainé (Caixabank), Andic (Mango), Isidoro Álvarez (O Corte Inglés), Antonio Brufau (Repsol), José Manuel Entrecanales (Acciona), César Alierta (Telefónica), Borja Prado (Endesa) e Juan Miguel Villar Mir (OHL), todos eles participan persoalmente ou a través dos seus fillos nas Fundacións Príncipe de Asturias (FPdA) ou Princep de Giorna (FPdG). A primeira creada en 1980, cando Feipe só tiña 12 anos, a segunda no 2009. Aínda que a rede de relacións non é –de momento- tan extensa como a do seu pai, presidente de honor de decenas de entidades, estas fundacións formaron  ao redor da figura do Príncipe de Asturias un núcleo de empresarios que se reúnen co herdeiro, previo pago da súa cota, de forma regular, segundo dá a coñecer este luns a Fundación Cidadá CIVIO.

A Deputación de Pontevedra convoca aos Premios á Investigación 2014

Correo-e Imprimir PDF

bioquimicaA deputación ven de publicar no Boletín Oficial as bases da convocatoria para participar nos Premios Provincias á Investigación 2014. Os interesados deberán presentarse nalgunhas das tres categorías ofertadas: Premios a traballos de investigación, Premios para novos investigadores e Premios para teses. As instancias para tomar parte do concurso dirixiranse ao presidente da Deputación especificando ao premio ao que se opta e deberán presentarse no Rexistro Xeral ata o 15 de novembro de 2014.

Gondomar acolle este sábado o X Encontro da Rede Galega de Sementes na Paradela.

Correo-e Imprimir PDF

25-GondomarEste sábado 31 de maio na contorna do Concello de Gondomar terá lugar unha feira de agricultores onde o troco de sementes será o centro da actividade. As 10h de mañá  se abrirá a feira na Praza da Paradela. Ás 11 horas terá lugar a apertura da mesa de troco onde as persoas que o desexen poderán intercambiar sementes. Así ata as 14 horas onde terá lugar un xantar popular onde cada participante traerá a súa comida. As 16 horas se volven as mesas de troco de sementes para as 17 horas desenvolverse unha “mesa de sabios”. A mesma estará integrada por veciños de Gondomar e versará sobre as tarefas tradicionais do campo.

Inscricións abertas para un curso de manipulador de alimentos en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

manipulacionO Concello de Nigrán abre inscrición para un curso con 35 prazas de manipulador de alimentos. Os interesados deberán pagar unha matrícula de 7 euros no Rexistro Municipal onde tamén deberán presentar copia do DNI para inscribirse. Hai prazo ata o vindeiro 31 de maio. Este curso conta cunha subvención parcial das arcas municipais, segundo da conta a administración pois o seu custe real é de 17 euros.

Nigrán gábase dun remanente de 2 millóns de euros en tesourería logo das continúas subas de impostos municipais en plena crise.

Correo-e Imprimir PDF

Pleno municipal de NigránO Concello de Nigrán pecha o exercicio 2013 cun remanente de tesourería positivo de case 2 millóns de euros. Cae a débeda pública municipal en máis de 3.5 millóns. Sen embargo o orzamento proxectado para o 2014 de case 13 millóns só prevé un 2,5% destinado a educación, emprego e gasto social.

Os novos orzamentos pendentes de aprobación contemplan un incrementos de impostos e taxas.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL