Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

A Agrupación Musical de Vincios lanza unha oferta de traballo na procura dun director.

Correo-e Imprimir PDF

escola vinciosA Agrupación Musical de Vincios selecciona unha persoa para desenvolver as direccións da Banda e a Escola de Música. Así mesmos deberá encargarse das clases de Linguaxe Musical e as especialidades instrumentais que domine. O perfil buscado é a dunha persoa co grao profesional ou grao superior de Música e con carácter de traballador autónomo. Os interesados deben comunicarse ao correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo . O prazo remata o vindeiro 30 de xuño.

O Concello de Baiona busca un Técnico en turismo

Correo-e Imprimir PDF

turismo baiona visitas guiadasBaiona procura a contratación temporal dun Técnico en Turismo para a que abre un período de admisión de solicitudes. A mesma vence o vindeiro 27 de maio. As bases da oferta e a documentación necesaria deben solicitarse na casa consistorial, na rúa Lorenzo Carrera, 17. Tamén está a disposición o teléfono 986385050.

#Nigrán: O PSOE absténse e UCN vota en contra a proposta orzamentaria presentada polo PP en comisión.

Correo-e Imprimir PDF

O futuro do futuro económico do Concello de Nigrán aínda é incerto.

A proposta orzamentaria para 2014 que por un total de 12.808.767,52€  levou o goberno de Nigrán (PP) á comisión especial de contas acadou a abstención dos representantes do PSOE e o voto contrario do edil de UCN quen ocupou o lugar do grupo mixto. A pesar de que formalmente a mesma quedou aprobada, será o pleno da corporación quen tomará a decisión final. Instancia na que os populares non teñen maioría absoluta e deberán obter algún apoio extra ou que algún dos opositores se absteña.

Xornada informativa sobre a Reforma Laboral do profesor Xaime Cabeza Pereiro dirixida a traballadores.

Correo-e Imprimir PDF

dudas-en-reforma-laboralAs novas normativas laborais agochan riviravoltas moitas veces difíciles de comprender e prever as súas consecuencias para os traballadores. As liquidacións de horas, dereitos e achegas sociais para os que asinan modalidades de contratos con ETTS, contratos a tempos parciais, etc comprendidas no marco da reforma laboral serán obxecto dunha xornada formativa a cargo de Xaime Cabeza Pereiro, catedrático de Traballo e Seguridade Social da Universidade de Vigo o vindeiro sábado 24 de maio no VERBUM (Avda. Samil, 17) de Vigo.

As 24h e durante 9 días unha feira de emprego virtual posibilita acceder a ofertas de máis de 40 empresas.

Correo-e Imprimir PDF

0509tsp152Dende este luns 19 ata o vindeiro xoves 29 de maio a Feira Mercado Laboral Virtual achega nun entorno 3D a posibilidade de presentar currículums ou acceder directamente a ofertas de traballo de máis de 40 empresas. Preto de medio centenar de compañías e varias institucións, entre as que se atopa o Instituto de la Juvetud (Injuve) , están detrás desta iniciativa que por primeira vez celébrase no Estado español.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL