Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

A empresa alemá do eido inmobiliario Engel & Völkers procura 20 consultores para Vigo – Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

urbanizacion-panxonEngel & Völkers a compañía inmobiliaria alemá líder en intermediación de inmobles de alto standing no mundo, aterra na bisbarra coa apertura da súa primeira oficina especializada no sector residencial e comercial en Vigo. Focalizará a súa actuación principalmente no seu radio máis próximo, incluíndo as zonas de Nigrán, Gondomar e Baiona. A súa carteira, incluirá pisos ou edificacións individuais, vivendas rehabilitadas, áticos, locais comerciais, oficinas, naves e hoteis. Nese senso, está a procura de 20 consultores inmobiliarios autónomos.

Tranvías Eléctricos de Vigo S.A. debate aumentar o seu capital en xunta de accionistas.

Correo-e Imprimir PDF

tranvia vigo baionaConvocase para o dia 25 de xuño as 11:30 horas aos accionistas de TEV entre os que haberá algúns desta bisbarra do Val do Miñor, herdeiros por caso daqueles que seguindo o consello da plataforma do ferrocarril de Vigo a Baiona que lideraban Xulián Valverde e Xoaquín Fontán, ou empregados tranviarios –condutores, cobradores, xefes de estacións, etc- confiaron seus aforros e mercaron accións da Compañía onde desenrolaban o seu traballo.

O punto central da xunta será unha proposta do Consello de Administración para aumentar o capital de nove millóns de euros sobre o actual, que é dun millón, de modo que o nominal de accións pase dos sete euros actuais a setenta euros, “cifra moito máis axustada e en consonancia co valor real da empresa”, segundo os actuais directivos.  Sinalan que trátase dunha ampliación “sen desembolso por parte dos accionistas, pois é con cargo a reservas voluntarias”.

TripAdvisor volve premiar a excelencia da hospitalidade dun hotel en Baiona @hotelarce

Correo-e Imprimir PDF

Robert Webster amosa uns dos galardónsTripadvisor, a maior web de viaxes do mundo anunciou este mes de maio, o recoñecemento do galardón de Certificado de Excelencia 2014 a este hotel miñorán, un premio que só se concede a 1000 hoteis en todo o mundo, a partir das valoracións e críticas dos propios clientes.

Cando temos en mente viaxar a un lugar concreto sempre acudimos a familiares ou amigos que estiveron na zona de destino para que nos recomenden un hotel, os lugares a visitar, onde debemos comer pero tamén onde non debemos ir, sexa por cuestións de prezo, atención, servizo ou mesmo por limpeza e hixiene do lugar.

Novagalicia deberá devolver máis de 90.000€ a unha veciña de Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

Novacaixagalicia- Neste caso a "inversora" ten 82 anos de idade, apenas sabe ler ou escribir e segue utilizando a peseta como moeda de referencia, segundo a sentenza.
A afectada, unha muller de 82 anos sen ningunha clase de coñecementos financeiros, xa conseguira a restitución de 62.880€ mediante un acordo coa entidade. Agora, un xulgado de primeira instancia obriga ao banco a devolver os 24.000 euros que aínda lle debía.
Segundo da conta a Asociación de Usuarios afectados Por Permutas e Derivados Financeiros, trátase dunha muller de 82 anos que investira todos os seus aforros en participacións preferentes de Novagalicia. Ante a imposibilidade de recuperar os seus aforros, viuse abocada a reclamalos por vía xudicial. En primeiro lugar logrou chegar a un acordo por parte do diñeiro investido, pero a entidade seguiulle retendo 24.000 euros. Agora o xulgado de primeira instancia número 1 de Vigo deulle a razón, e condena a Novagalicia a devolverlle a totalidade do investido.

As oficinas de emprego fracasan como vía para atopar traballo

Correo-e Imprimir PDF

Oficina de emprego en Baiona - Google"É difícil atopar traballo sen non amosas interese en conseguilo". A finais de abril os datos da Enquisa de Poboación Activa (EPA) golpeaban con dureza os argumentarios oficiais baseados no "inicio da recuperación" económica e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, optaba por desdeñar o estudo e, ademais, por cuestionar a vontade de atopar traballo de parte da poboación en situación de desemprego, concretamente da que decidía non manterse anotada nas oficinas de emprego, adelgazando polo tanto os datos do paro rexistrado.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL