Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

O Concello de Baiona procura un auxiliar administrativo de carácter interino.

Correo-e Imprimir PDF

concello baionaO Concello de Baiona acaba de publicar as bases de convocatoria para a provisión dunha praza de auxiliar administrativo. O mesmo será de carácter interino para a substitución dunha baixa por enfermidade e posterior permiso maternal dunha funcionaria, segundo informa o boletín oficial da provincia. Para coñecer as bases da convocatoria así como para presentar as solicitudes débese dirixir á casa consistorial de Baiona.O prazo remata o vindeiro 16 de xullo.

O Concello de Gondomar convoca aspirantes para prover unha praza de traballador social

Correo-e Imprimir PDF

casa-concello-gondomarA convocatoria ten por obxecto cubrir temporalmente unha praza de traballador social por un prazo de 12 meses a xornada completa no Departamento de Servizos Socias. O prazo de inscricións está aberto ata o vindeiro venres 18 de xullo segundo anuncio do Boletín da Provincia de Pontevedra, onde se atopan as bases da convocatoria.

Os comercios de Vigo terán liberdade case total de horarios

Correo-e Imprimir PDF

A Secretaría de Estado de Comercio incluirá á capital olívica entre as 14 cidades que proximamente serán declaradas "zona de gran afluencia turística", polo que os comercios poderán saltarse a maioría das limitacións horarias vixentes noutros lugares.

A Xunta Xeral de accionistas de Tranvías de Vigo decide por unanimidade rexeitar a ampliación de capital.

Correo-e Imprimir PDF

tranvia vigoO pasado xoves 26 de Xuño celebrouse, en segunda convocatoria coa asistencia do 51% do capital social, a Xunta Xeral Ordinaria de accionistas de Tranvías Eléctricos de Vigo, S.A. O punto central da xunta era unha proposta do Consello de Administración para aumentar o capital de nove millóns de euros sobre o actual, que é dun millón.

Gondomar pon a disposición liñas de axuda para persoas e familias con dificultades económicas.

Correo-e Imprimir PDF

casa-cultura-gondomarSegundo deu a coñecer o Concello de Gondomar, estas axudas están dirixidas a persoas individuais ou unidades familiares que carezan de medios e nas que concorran factores de risco. Poden ser aplicadas aos gastos orixinados polas necesidades básicas, con carácter xeral aloxamento como poden ser os alimentos. Tamén axudas de uso e mantemento de vivenda: gastos de subministros (electricidade, auga, gas), ou de alugamento.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL