Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Os comercios de Vigo terán liberdade case total de horarios

Os comercios de Vigo terán liberdade case total de horarios

Correo-e Imprimir PDF

A Secretaría de Estado de Comercio incluirá á capital olívica entre as 14 cidades que proximamente serán declaradas "zona de gran afluencia turística", polo que os comercios poderán saltarse a maioría das limitacións horarias vixentes noutros lugares.

Na actualidade en España existen 14 "zonas de gran afluencia turística". Normas como a Lei de horarios comerciais de Galicia permiten que nestes espazos non se apliquen as limitacións (peches en domingos, festivos, etc ) que limitan a comerciantes doutros áreas. Na práctica isto significa que todos os comercios dunha "zona de gran afluencia turística" poidan ter a mesma liberdade de horarios que, por exemplo, unha panadería unha cafetería situada nunha estación de tres ou un kiosko.
Jaime García-Legaz, secretario de Estado de Comercio do Goberno de España, estudia arestora unha proposta para aumentar a 28 as cidades que gozan desta excensión. A única urbe galega entre as candidatas é Vigo. O resto son Murcia, Xixón, Hospitalet de Llobregat, Jerez de la Frontera, Pamplona, Almería, San Sebastián, Santander, Burgos, León, Valladolid e Salamanca, segundo informa Expansión.
Para chegar a ser seleccionábel para esta distinción, o Concello de Vigo tivo que superar un complexo trámite burocrático diante da Xunta. Un dos criterios a cumprir nas cidades de máis de 100.000 habitantes como Vigo é superar as 500.000 pernotacións en hoteis durante un ano.

Do xornal colaborador Galicia Confidencial