Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía

Economía

5.5 millóns de cupóns da ONCE amosarán a praia Barbeira o vindeiro 21 de agosto.

Correo-e Imprimir PDF

cupon-once-barbeiraUn total de 15 praias de Galicia estarán reflectidas no cupón diario da ONCE de luns a xoves durante o mes de agosto. En total  82,5 millóns de cupóns estarán dedicados aos areais da do país. A concellaría de Turismo de Baiona, adianta que de entre máis de 800 praias, a praia Barbeira, foi seleccionada para que o día 21 de agosto apareza reflectida no cupón que se sorteará ese día. O cupón se distribuirá en todo o territorio estatal, aparecendo en 5,5 millóns de cupóns, o que supón para a administración local “unha importante promoción deste areal e da propia vila”.

Inscricións abertas para postos e paradas das feiras de agosto en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

O Concello de Gondomar informa de que se abriu o prazo para a solicitude de postos e paradas nun evento que congregará tres feiras: III Festa Medieval, II Feira de Artesanía e Mostra de Oficios Tradicionais ademais da I Feira da Cervexa Artesanal. As mesmas terán lugar do 22 ao 24 de agosto.

Abren inscricións para un Curso de Retoque Fotográfico por ordenador en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

casa cultura gondomarA Concellaría de Xuventude de Gondomar informa de que se vai a poñer en marcha un curso de Retoque fotográfico por ordenador, enmarcado dentro do programa ACTÍVATE da Deputación de Pontevedra. A actividade, de 40 horas de formación, está dirixido prioritariamente aos/ás mozos/as de 16 a 35 anos empadroados no Concello de Gondomar.
O prazo de inscrición para participar neste curso permanecerá aberto ata o 29 de agosto na Oficina de Información Xuvenil do Concello de Gondomar. Para máis información chamar ao 986.369.746.

A deputación ofrece 8 mil euros a cada concello do Val Miñor para axudas de emerxencia social.

Correo-e Imprimir PDF

Os concellos do Val Miñor recibirán 8 mil euros da deputación para atender prioritariamente a asistencia alimentaria dos cativos durante o peche dos comedores escolares nas vacacións. Desa cifra, os concellos tamén deberán afrontar as liñas de axudas de emerxencia para persoas e familias en risco de exclusión social. Nese senso, a administración provincial adiantará o 50% da liña de axuda unha vez os concellos remitan a súa vontade de concorrer á convocatoria e a outra metade unha vez esgotada a contía e coas debidas xustificacións dos gastos.

Plan conxunto para as razas de cabalo galego e portugués

Correo-e Imprimir PDF

Garranos na Valga

A unión fai a forza e, máis, se se trata de cabalos. Por iso, as asociacións Pura Raza Cabalo Galego e a de Criadores de Cabalos de Raça Garrana, do municipio portugués de Arcos de Valdevez, acordaron accións conxuntas dos gandeiros-criadores para poder ampliar a apertura de novas vías de comercialización e mercado dos produtos gandeiros.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL