Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Xornada informativa sobre a Reforma Laboral do profesor Xaime Cabeza Pereiro dirixida a traballadores.

Xornada informativa sobre a Reforma Laboral do profesor Xaime Cabeza Pereiro dirixida a traballadores.

Correo-e Imprimir PDF
dudas-en-reforma-laboral

As novas normativas laborais agochan riviravoltas moitas veces difíciles de comprender e prever as súas consecuencias para os traballadores. As liquidacións de horas, dereitos e achegas sociais para os que asinan modalidades de contratos con ETTS, contratos a tempos parciais, etc comprendidas no marco da reforma laboral serán obxecto dunha xornada formativa a cargo de Xaime Cabeza Pereiro, catedrático de Traballo e Seguridade Social da Universidade de Vigo o vindeiro sábado 24 de maio no VERBUM (Avda. Samil, 17) de Vigo.

O evento organizado pola Sección Sindical da Central Unitaria de Traballadores (CUT) na PSA Peugeot – Citroën, dará comezo ás 12 horas e incluirá unha mesa de debate cos participantes. Entrada libre.