Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Inscricións abertas para un curso de manipulador de alimentos en Nigrán.

Inscricións abertas para un curso de manipulador de alimentos en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
manipulacion

O Concello de Nigrán abre inscrición para un curso con 35 prazas de manipulador de alimentos. Os interesados deberán pagar unha matrícula de 7 euros no Rexistro Municipal onde tamén deberán presentar copia do DNI para inscribirse. Hai prazo ata o vindeiro 31 de maio. Este curso conta cunha subvención parcial das arcas municipais, segundo da conta a administración pois o seu custe real é de 17 euros.


Esta acción formativa se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedrayo, nº 52), o 10 de xuño, en horario de 10.00 a 14.00
As persoas interesadas en participar, terán que presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, achegando copia do seu DNI e cubrindo unha instancia que estará a súa disposición no propio Rexistro, no Centro Antena Municipal, no Departamento de Emprego de Nigrán e na páxina web deste concello, www.nigran.org