Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía Nigrán gábase dun remanente de 2 millóns de euros en tesourería logo das continúas subas de impostos municipais en plena crise.

Nigrán gábase dun remanente de 2 millóns de euros en tesourería logo das continúas subas de impostos municipais en plena crise.

Correo-e Imprimir PDF
Pleno municipal de Nigrán

O Concello de Nigrán pecha o exercicio 2013 cun remanente de tesourería positivo de case 2 millóns de euros. Cae a débeda pública municipal en máis de 3.5 millóns. Sen embargo o orzamento proxectado para o 2014 de case 13 millóns só prevé un 2,5% destinado a educación, emprego e gasto social.

Os novos orzamentos pendentes de aprobación contemplan un incrementos de impostos e taxas.

Cun remanente de tesourería positivo de 1.99 millóns de euros pecha o exercicio 2013 do Concello de Nigrán segundo un informe que o rexedor Alberto Valverde adxudica á Intervención Municipal. O alcalde gábase que por segundo ano consecutivo de que a súa administración consegue "as mellores cifras da historia" de Nigrán.

Engade que a débeda pública do concello cae a 2,1 millóns de euros, contrastando cos 5,8 millóns que se tiñan no 2007 e os 6,1 millóns do ano 2009. Unha redución da débeda viva de 3,7 millóns de euros en sete anos, "uns resultados obtidos grazas á xestión do goberno municipal, que permitiu dar a volta á situación económica do concello en plena crise", subliñou o rexedor municipal e presidente do PPdN, Alberto Valverde.

Agrega que son estas cifras as que permiten presentar un orzamento de 12,8 millóns de euros, "priorizando as partidas de xeración de emprego, gasto social e educación". Unhas partidas que segundo información aportada por Valverde se distribúen da seguinte maneira: Gasto social: 186.500€, Emprego 110.000€, Educación 62.199€. Inversións que representan o 2,25% dese orzamento proxectado. 

As subas de impostos e taxas municipais dende 2011.

Os datos positivos económicos contrastan coa mensaxes lanzadas para xustificar o aumento da recaudación municipal pola vía das taxas municipais. Algo durante criticado nun momento de afogamento económico das familias.

Así en xaneio de 2014, os comerciantes protestaban polo aumento dun 80% no recibo de recollida do lixo. O imposto de saneamento supuxo un incremento do 130% sumado aos impostos autonómicos do polémico "Canon da auga" e os impostos de "coeficientes de verquido" ligados á xestión autonómica das plantas de depuradaricón.

A auga e o saneamento tamén sufriron subas nun 6,4% para as novas conexións, e a factura trimestral aumentou do 0,46% ao 0,49% por cada m3 facturado.

As taxas de contrucción aumentaron nun 45,83% en 2012, así como o imposto de bens e inmobles (o recibo da contribución) que leva acumuladas subas do 4% en 2012 e do 15,38% en 2013, e é un dos puntos incluídos nas previsións do goberno de España para aumentar a recaudación nun futuro axuste económico supeditado á Troika.

As taxas dos vados para vehículos tamén supuxo outra afronta logo de que o concello aumentara en máis dun 200% o que supuxo un incremento de 80€ anuais de media para as viviendas cunha entrada. Finalmente a presión social e o malestar conseguiron a reducción desta taxa pero para o ano 2015.

Suba do IAE (imposto de actividades económicas) cunha suba do 50% e a de apertura de establecementos cun aumento do 10%.

Casarse e morrer en Nigrán tamén máis caro. A taxa polo uso de locais municipais para a celebración de matrimonios civís tamén aumentou dende 2011, incluso a concesión dos nichos nos cemiterios experimentaron subas importantes.

Os próximos aumentos nos futuros orzamentos municipais.

Segundo a UCN, no Capítulo 1 (Impostos directos) destaca o incremento duns 140.000€ no Imposto sobre Bens Inmobles de natureza Urbana, pasando a 3.950.000€, o que supón un 3,67% de incremento, en relación co ano 2013.
No Capítulo 2 (Impostos indirectos) increméntase en 35.000€ en relación co ano anterior, pasando a 220.000€, o que representa un incremento do 18,9%, "cando aínda non se percibe un repunte económico no sector da construción e ademais, as licenzas están suspendidas pola aprobación inicial do PXOM. Polo que resulta cuestionable", sinalan dende a UCN.

O Capítulo 3 (Taxas e outros ingresos) prevé incrementarse en 233.600€ en relación co 2013, alcanzando 3.628.300€, o que representa unha suba do 6,9%. Segundo UCN, "especial mención" require a Taxa por aproveitamento do dominio público que se incrementa en 165.000€, (un 300%) cifrando os 220.000€, ao incorporar o padrón dos anos 2013/2014, "cunha ordenanza moi cuestionada e que incrementou o importe a vivendas en máis do 200%".

Igualmente sucede, sinala UCN, coa Taxa por servizo domiciliario de abastecemento de Auga", polo que proporá modificar o sistema de tarifas da ordenanza por bloques, pasando a cobrar exclusivamente por consumo real e non por mínimos non consumidos (60m3/trimestre actual), "o que incentivará o consumo responsable da auga, e non como agora que invita máis ao despilfarro". Destaca tamén o informe do grupo opositor o incremento de 12.000€ (6,75%) en "Multas de Tráfico" que prevé recadar 190.000€, "o que confirma un afán recadatorio desmesurado".