Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía A xestión do monte de Vincios e as experiencias de agricultura ecolóxica a debate no CUVI.

A xestión do monte de Vincios e as experiencias de agricultura ecolóxica a debate no CUVI.

Correo-e Imprimir PDF
Campus-de-Vigo

-O eido da agroecoloxía centrará o V Congreso Internacional da GIEEA no que entre outros temas analizará a experiencia da explotación multifuncional do monte desenvolvida en Vincios. O evento congregará a máis de 200 expertos de Europa e América os días 26 ao 28 de xuño na Facultade de Econímicas e Empresariais da Universidade de Vigo.

O Congreso Internacional de Agroecoloxía e Agricultura Ecolóxica tense convertido xa nunha cita de referencia para todas aquelas persoas interesadas na agricultura dende un punto de vista sostible e respectuoso coa contorna. Nesta quinta edición do simposio participarán arredor de 200 persoas, que pertencen tanto ao ámbito da investigación como o mundo labrego e gandeiro, estudantes ou integrantes dos movementos sociais e persoas interesadas en xeral na agroecoloxía e na agricultura ecolóxica. O evento terá do 26 ao 28 de xuño na Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias do CUVI.

Detrás desta cita bianual está o Grupo de Investigación en Economía Ecolóxica e Agroecoloxía da Universidade de Vigo (GIEEA), cos profesores Xavier Simón e Damián Copena no comité organizador. Para fomentar este intercambio de coñecementos e de iniciativas postas en marcha arredor do mundo, o congreso contará con espertos de diferentes puntos do planeta. Nesta ocasión daranse cita participantes de Brasil, Uruguai, Colombia, México, Nicaragua, Perú, Cuba, Italia, Holanda e Portugal, ademais das diversas partes do Estado e de moitos puntos de Galicia. Unha das experiencias máis próximas será a da Comunidade de Montes de Vincios a que será exposta pola arquitecta Joana Covelo o próximo xoves 26 de xuño baixo o título “Multifuncionalidade e dinamización do monte comunal: a CMVMC de Vincios”.