Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Economía 15 artesáns de toda Galicia perfecciónanse na técnica da sombreiraría en Gondomar.

15 artesáns de toda Galicia perfecciónanse na técnica da sombreiraría en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
antigua-fabrica-sombreros-8211-roma 1 1911827

A Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, en colaboración co Concello de Gondomar e a Asociación Galega de Artesáns Tradicionais organizan un Curso de Complementos de Moda: "SOMBREIRARÍA".
Esta actividade ten por obxectivo dar resposta ás inquedanzas manifestadas polos artesáns e a súa necesidade de pórse ó día en canto ás novas técnicas que permitan unha maior diversidade das súas producións para, así, aumentar a súa competitividade e acceder a novos mercados.

Este curso está englobado dentro do seguinte formato pedagóxico:
-Curso monográfico:
Este curso ten unha duración de 50 horas, do 16 ao 21 de xuño , e estará impartido por Viviana Araújo Martínez , profesional do sector que goza dun gran prestixio internacional. Os seus deseños de sombreiros e complementos foron seleccionados como finalistas para o premio Nacional de Artesanía na categoría de produtos 2010. Os coñecementos serán eminentemente prácticos sustentados por unha parte teórica.
Participan nesta actividade, totalmente gratuíta, 15 artesáns de toda Galicia.