Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Das líquidas xeometrías de Miguel Vázquez.

Correo-e Imprimir PDF

 

dende-a-portaDesde a noite dos tempos, a cerámica, o material plástico por excelencia, acompañou sempre, no seu uso instrumental e cotián, as necesidades do ser humano, desenvolvendo, ao mesmo tempo, un sentido estético e simbólico derivado das súas directas relacións coa terra, a auga e o fogo. O certo é, tamén, que, á sombra da escultura ou a pintura mural, e lastrada pola utilitaria relación entre forma e función, a cerámica mantivo secularmente a consideración de arte menor, artesanal e decorativa. Non foi ata o século pasado, da man dos tentos de renovación e nivelación das artes que sucederon á eclosión das ciencias sociais e ás vangardas artísticas, que a cerámica acadou, finalmente, o respecto e a aceptación como soporte singular e independente de creación e innovación. Entendida, entón, como forma complexa no espazo, e sometida á unha fonda e ampla investigación, histórica, antropolóxica e técnica, a cerámica quedou exposta, como calquera outra expresión contemporánea, ás proveitosas discusións e debates que, na configuración e definición dos criterios que avalan unha obra artística, xurdiron no baleiro promovido pola desaparición do canon e os seus referentes.

Estrea na rede de Comic crossing, unha curta coa pegada das bandas debuxadas.

Correo-e Imprimir PDF

 camara thumb-300x249As curtametraxes convértense día a día no formato onde decenas de  directores cinematográficos galegos amosan a súa creatividade. O pasado luns achegábamos Luz verde, unha curta da directora Sara Casal producida por Urban Pig Films, baseada no conto 01 AM, de Fran Alonso. Agora toca o estreo nas redes de Comic crossing, unha sátira política en clave da estética das bandas debuxadas, escrita e dirixida por Paula Carro.

Mércores de contacontos e monicreques para os escolares do Val Miñor no Auditorio e a Biblioteca de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

 

O-rapto-da-bibliotecariaAo longo da mañá do vindeiro mércores 28 de marzo, os cativos de sete colexios do Val Miñor asistirán a dous espectáculos relacionados coa animación á lectura. No auditorio Lois Tobío representarase a obra O rapto da bibliotecaria, a cargo do grupo da Escola Municipal de Teatro do Concello de Vigo. Así como a unha sesión de contacontos, a realizarse na Biblioteca Municipal polo equipo de contadores de Espazo Lectura.

“Luz Verde” ou o desafío extremo de intentar mercar un Voltarén sen receita.

Correo-e Imprimir PDF

cruces-de-farmacia-314832O fracasado intento de mercar un medicamento pode chegar a ser motivo dabondo dunha obra literaria e tamén cinematográfica. Chega con que unha mirada sensible sexa capaz de reflectir dun xeito creativo unha escena que pode ter moito de cotiá, traxicómica, acaso cruel. De feito, o escritor Fran Alonso xa o fixo no seu conto 01 AM (Cemiterio de elefantes, Xerais, 1994). Agora, e baseada nese texto, a curtametraxe Luz Verde achéganos unha dramatización xeitosa das peripecias dunha veciña da aldea que se traslada na madrugada a unha farmacia de Vigo co desafío "extremo" de obter un Voltarén sen receita.

Noitiña de música e poesía con Xardín Desordenado no Auditorio Municipal de Gondomar Lois Tobío.

Correo-e Imprimir PDF

xardin-desordenadoO Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa Concellería de Cultura de Gondomar organiza un concerto do Xardín Desordenado dentro do periplo que este grupo está levando a cabo para promocionar a súa última gravación. O concerto terá lugar o próximo venres 23 de marzo, ás 20:30h. no Auditorio "Lois Tobío" de Gondomar e a súa entrada é libre ata o límite de aforo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL