Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Máis talento galego no festival portAmérica. Eladio y los seres queridos estarán en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Eladio y los seres queridosGalicia soa a boa música polo seu catro provincias: Eladio y los seres queridos coa orquestra de saxos do Conservatorio de Redondela, Orquestra Metamovida, Srasrsra, Combo Dinamo, Colectivo Oruga, Disco Las Palmeras e Martynez. En total, 7 grupos con son feito en Galicia, algúns deles, bandas consagradas, e outros moitos, novos talentos. Todos se atoparán no escenario de portAmérica en Porto do Molle, Nigrán, do 19 ao 21 de xullo.

Kitty, Daisy & Lewis, Depedro, Corizonas e Eme DJ en portAmérica

Correo-e Imprimir PDF
Kitty, Daisy & Lewis, Depedro, Corizonas e Eme DJ estarán en portAméricaSons innovadores, diferentes, clásicos pero modernos: o escenario de portAmérica reunirá aos londinienses Kitty, Daisy & Lewis con Depedro, Corizonas e a Dj máis coñecida en España da música indie-electro, Eme DJ, do 19 ao 21 de xullo en Porto do Molle, Nigrán, no primeiro festival internacional que pretende dinamizar e conectar o talento que actualmente existe en Europa e América.

Zoé, Onda Vaga e Xoel López únense a Julieta Venegas e Love of Lesbian no festival portAmérica

Correo-e Imprimir PDF

Zoé, Onda Vaga e Xoel López compartirán esceario con Julieta Venegas e Love of LesbianOs sons máis destacados do panorama musical independente de Latinoamérica estarán presentes no cartel de portAmérica. 

Zoé e Onda Vaga e Xoel López compartirán esceario con Julieta Vengas e Love of Lesbian en Porto do Molle, Nigrán, o próximo xullo, como mostra da riqueza musical actual que se está xerando e fluíndo desde América cara a España.

Julieta Venegas e Love of Lesbian comezan a debuxar o cartel do festival portAmérica en Nigrán

Correo-e Imprimir PDF

Julieta Venegas e Love of lesbian, primeiros protagonistas do cartel de portAmericaA artista mexicana Julieta Venegas e o grupo Love of Lesbian son os dous primeiros nomes do cartel de portAmérica, festival de música internacional, ideas e innovación que terá lugar os próximos días 19, 20 e 21 de xullo en Porto do Molle, Nigrán. O resto do cartel con máis de quince artistas que ocupará os escenarios de portAmérica irase desvelando, día a día, durante toda a semana. 

O venres 1 de xuño, poranse á venda as entradas para asistir a este evento musical único en Galicia na súa páxina oficial.

portAmerica, Nigrán prepárase para ter o seu propio "festival de Woodstock"

Correo-e Imprimir PDF

portAmerica Festival de Musica Internacional en NigránO parque empresarial de Porto do Molle será o esceario de portAmérica, o festival de música e arte que conectará América e Europa.

portAmérica, o nome elexido para o festival, estará en mans da exitosa productora de eventos viguesa esmerArte, quenes prometen un bo cartel de artistas americanos e europeos.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL