Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Entrevista co actor Sergio Pazos, "O Paspallás".

Correo-e Imprimir PDF

sergioO home é o típico caso da xente de "ida e volta". É tan galego que por iso emigrou. En Madrid (onde vive) o delata o seu castelán "á galega", na súa aldea de Ourense dinlle que cheira a madrileño. Chámase Luís Serxio Pazos Huete (Sandiás, 1965), aínda que popularmente sexa máis coñecido como Sergio Pazos, "O Paspallás" (personaxe en Pratos Combinados da TVG), o reporteiro de CQC (TV5, 1996), ou "Pepe", o chofer de Antonio Alcántara (Imanol Arias) en Cuéntame (TVE). O actor estará este venres cunha obra en Gondomar, e valminor.info aproveitou para falar con el das súas novas andainas polo país.

"Contos Estraños", a Galiza fantástica do século XXI, creada por un par de "mentes enfermas e retorcidas".

Correo-e Imprimir PDF

 

debuxo-jose-angel-lares"Que acontece co fantástico e o grotesco, co terror e a anticipación, co abraiante e o estarrecedor?" A literatura galega "está a mudar", afirman Fernando Cimadevila e Tomás González, dous novos editores convencidos de que os xéneros emerxentes deben medrar para que a oferta editorial do país non perda poder de sedución ante os lectores. Para iso crearon Contos Estraños, unha editorial que ten por primeira obra un libro de igual título onde unha ducia de escritores dos mal chamados "xéneros menores", aportaron contos, dous esbozos de novela e unha tradución ao galego dun escritor clásico da literatura pulp, Robert Herwin Howard.

O concello de Gondomar trocará na maior biblioteca de lectura compartida do país.

Correo-e Imprimir PDF

nenos lecturaA vindeira semana Gondomar será un libro. Un texto amplo e multicolor que mudará cada praza, regato, camiño e rúa nunha gran biblioteca onde poderán gozar da maxia da lectura compartida tódolos veciños e visitantes que se acheguen á Semana do Libro e a Lectura que por quinto ano consecutivo a Asociación Espazo Lectura organizará co apoio do Concello de Gondomar. Con motivo do Día do Libro, entre o martes 17 e o luns 23 de abril unha morea de escritores, músicos e artistas de tódolos xéneros animarán esta festa da cultura que terá por principais protagonistas aos propios lectores.

Convocatoria dos premios dramáticos Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde

Correo-e Imprimir PDF

-O prazo de recepción de orixinais, que dará comezo a próxima semana trala súa publicación no DOG, estenderase ata o día 11 de xuño

-Os galardóns contan cunha dotación económica total de 24.000 euros

Quempallou lanza o seu novo traballo discográfico "Vellas Novas.

Correo-e Imprimir PDF

quempallouCunha estética baseada no mundo do xornalismo, Vellas Novas, o novo álbum de Quempallou contén composicións propias e tradicionais cargado de matices sonoros e cunha gran dose de influencias musicais, que chegan desde a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Na web do grupo pódense escoitar xa os temas Na Habana e Foliada do viño.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL