Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Quempallou lanza o seu novo traballo discográfico "Vellas Novas.

Quempallou lanza o seu novo traballo discográfico "Vellas Novas.

Correo-e Imprimir PDF
quempallou

Cunha estética baseada no mundo do xornalismo, Vellas Novas, o novo álbum de Quempallou contén composicións propias e tradicionais cargado de matices sonoros e cunha gran dose de influencias musicais, que chegan desde a experiencia dun grupo que leva máis de doce anos en escena. Na web do grupo pódense escoitar xa os temas Na Habana e Foliada do viño.

 

Trátase do cuarto disco de Quempallou, unha das bandas máis representativas do folk galego, editado por Zouma Records. Como é habitual en Quempallou, o disco mantén unha fonda raíz na tradición musical galega, a partir da cal, constrúe arranxos, adapta letras e crea novas composicións. Así conseguen unha sonoridad característica, apoiada nas percusións tradicionais, o acordeón e as cordas, sobre o que camiñan frautas, gaitas e sobre todo a voz.

Compoñentes

Roi Maceda: Acordeón.

Guillerme Ignacio: Gaitas, frautas, voz.

Isaac Millán: Bouzouki, Guitarra acústica.

Roi Adrio: Tamboril, percusións.

Xosé Maceda: Bombo, percusións.