Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda O actor Sergio Pazos estrea "Sé galego, my friend", no Auditorio de Gondomar.

O actor Sergio Pazos estrea "Sé galego, my friend", no Auditorio de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF
sergio pazos

Gondomar recibe este venres a Sergio Pazos co seu espectáculo "Sé galego, my friend", un monólogo cargado de humor "feito en Galiza".

Logo das súas andainas por Madrid ("CQC"," Cuéntame cómo pasó", cine e teatro), o actor e comunicador ourensán volve a súa terra cun espectáculo onde manda "a retranca".

"Sé galego, my friend", poderase ver no Auditorio Municipal Lois Tobío, este venres 4 ás 21 horas, no marco dun extenso e variado programa que no entorno do Día das Letras Galegas organiza a Concellería de Cultura de Gondomar. Custe da entrada 3,50€.

Pazos, que empezou a traballar por toda España nos anos 80 en varias compañías de teatro, nunca deixou de traballar en Galicia, onde se fixo especialmente popular polo seu papel na serie "Pratos combinados". En 1996 saltou ao panorama nacional ao converterse nun dos reporteiros do exitoso programa "Caiga quien caiga"(CQC), conducido polo "Gran Wyoming", e en datas máis recentes polo seu personaxe de chofer de Antonio Alcántara (Imanol Arias), na serie de Tve "Cuéntame como pasó".

Carteleira da fin de semana.

Despois da obra de Sergio Pazos, o sábado, a compañía Funboa Escénica de Santiago de Compostela representa a obra "Paxaro rebelde" ás 21:00h, e o domingo, xa para un público máis infantil ás 18:00h o mago Romarís estará co seu espectáculo de maxia de salón, presentando unha recompilación dos seus mellores números.