Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Preséntase o ciclo de conferencias "O Mar Galego, teatro bélico na Idade das Luces" en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF

batalla de_randeO Concello de Nigrán presentou hoxe o ciclo de conferencias "O Mar Galego, teatro bélico na Idade das Luces: Mirei as naves arder". As mesmas terán lugar dende o vindeiro xoves 8 de marzo no Salón de Plenos do edificio consistorial. O acto contou coa participación do alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, e os relatores: Fernando Bartolomeu, catedrático de Lingua e Literatura Galega e escritor, José María Peláez, profesor de Metalúrxica da Universidade de Vigo e investigador, e Manuel López Benito, musicólogo e investigador.

Ciclo de actividades "Mulleres na Historia" durante o mes de marzo no Instituto de Estudos Miñoranos

Correo-e Imprimir PDF

cartel-val-minorO Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa Asociación de Mulleres do Val Miñor "Area Loura" organizan o ciclo de actividades "Mulleres na historia" que se desenvolverá ao longo de todo o mes de marzo segundo o seguinte calendario:

O autor de cómic Dani Montero estará no club Lecturas Debuxadas de Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

keinO martes 28 de febreiro a asociación Espazo Lectura organiza a sesión mensual do club de cómic Lecturas Debuxadas coa visita de Dani Montero, autor de Sen mirar atrás (Demo Editorial 2010), banda deseñada proposta como lectura do mes. A sesión comezará ás 20:00 horas na Biblioteca de Gondomar e Dani Montero unirase á tertulia a partir das 21:00.

Literatura Galega: Unha nova imaxe de Rosalía

Correo-e Imprimir PDF

Na época en que un adolescente de quince anos colga máis de catro mil fotografías na súa páxina en tuenti, que importancia pode ter una única foto? Eu penso que no caso da imaxe que nos ocupa, moita.Rosalía de Castro é para min a mellor muller poeta da literatura mundial. Que pode facer Emily Dickinson contra un poema como "A xustiza pola man"? Quen ten entra as súas creacións dúas obras mestras absolutas como Follas novas ou En las orillas del Sar? A escritora de Padrón, tamén boa novelista, é española e é, moi especialmente, nosa. Todo iso de que Rosalía é a alma de Galicia ... é certo!

No Val Miñor "unha flor e un libro para Rosalía".

Correo-e Imprimir PDF

Rosalia-libro-florEste venres cumprirase 175 anos do nacemento da Nai do Rexurdimento literario galego. Obsequiar flores e libros en lingua galega é a proposta que dende a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) para homenaxear a Rosalía de Castro. No Val Miñor a libraría Libraida de Gondomar e o Mercado Tía Ni de Sabarís preparan actividades culturais relacionadas coa convocatoria.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL