Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Rosalía Pazó expón "Argumento(s) para unha farsa" na Aula de Cultura Ponte de Rosas.

Correo-e Imprimir PDF

capaA Aula de Cultura Ponte de Rosas (sede do Instituto de Estudos Miñoranos) acollerá a mostra Argumento(s) para unha farsa, da artista plástica Rosalía Pazo. O acto inaugural -de carácter aberto- terá lugar o próximo venres 25 de maio de 2012, a partir das 20 horas. A presentación da exposición correrá a cargo da amiga da escultora, artista, teórica e comisaria, Mar Caldas.

"Non, non nos entenden, non". Gondomar no Día das Letras Galegas.

Correo-e Imprimir PDF

coro-breogan-l-tobioMais, sos os ignorantes,

E férridos e duros,

Imbéciles e escuros

Non nos entenden, non.

Din que os ecos das verbas de Valentín aínda retumban por todo o Val. Que a interpretación do himno de Pondal e Veiga feita por Cantares do Brión aínda estremece aos paisanos por tódolos recunchos do país. Din as fontes, que O Galiñeiro e A Groba, emocionados, se encargaron de espallar o seus ecos pola patria en diante. O concello de Gondomar latexou co Día das Letras Galegas. E a taquicardia foi tan grande que diáspora miñorana polo mundo sen dúbida sentiu a aperta que os irmáns da terra nai estábanlle a dar.

Que pasa se o Día das Letras Galegas o fontaneiro non responde á súa chamada?

Correo-e Imprimir PDF

valentin-paz-andradeQue pasa se no Día das Letras Galegas non atopa á farmacéutica, ao panadeiro ou ao fontaneiro? E se a construtora non responde á súa chamada ao móbil? Ou na tenda de alimentación, esa que sempre está aberta, falta o xefe? Non terá máis remedio que darse unha volta polo Auditorio Municipal de Gondomar. Alí estarán todos eles, lendo poesía en tributo a un dos grandes empresarios e home de letras que tivo o país: Valentín Paz Andrade, cuxa obra conmemórase nesta edición 2012 das Letras.

Este domingo, Mercado de Arte en Sabarís

Correo-e Imprimir PDF

Mercado de arte en SabarísComo vén sendo tradicional nos últimos anos, o vindeiro domingo 13 de maio a antiga Praza de Abastos converterase nun espazo de Arte.

COEMSA (Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sabarís) organiza este evento que mostrará a produción artística de pintores e escultores do a comarca do Miñor.

Moitas máis vitaminas para o galego #17vitaminas

Correo-e Imprimir PDF

Vitamintas en_lugoSantiago, 10 de maio de 2012.-  Alumnos e alumnas dos colexios e Institutos de Lugo recibirán nos vindeiros días “Lapis para escribir en galego”, dentro da campaña “Vitaminas 17” que esta semana se presentou na Casa do Concello de Lugo. “Vitaminas 17” é unha iniciativa de Vitaminas para o Galego, a plataforma na que colaboran 29 medios de comunicación do país. Este colectivo prepara unha serie de accións co gallo do Días das Letras, entre as que se inclúe a lectura dun manifesto en 17 cidades de todo o mundo.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL