Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Que pasa se o Día das Letras Galegas o fontaneiro non responde á súa chamada?

Que pasa se o Día das Letras Galegas o fontaneiro non responde á súa chamada?

Correo-e Imprimir PDF
valentin-paz-andrade

Que pasa se no Día das Letras Galegas non atopa á farmacéutica, ao panadeiro ou ao fontaneiro? E se a construtora non responde á súa chamada ao móbil? Ou na tenda de alimentación, esa que sempre está aberta, falta o xefe? Non terá máis remedio que darse unha volta polo Auditorio Municipal de Gondomar. Alí estarán todos eles, lendo poesía en tributo a un dos grandes empresarios e home de letras que tivo o país: Valentín Paz Andrade, cuxa obra conmemórase nesta edición 2012 das Letras.

A idea de celebrar o Día das Letras no Val Miñor xuntando a empresarios e poetas xurdiu do Instituto de Estudos Miñoranos. O convite pasou ás asociacións de empresarios do Val e nun intre montouse o proxecto: renderlle homenaxe ao fundador de Pescanova, recitando poemas seus no Auditorio Municipal Lois Tobío de Gondomar. A cita é este xoves 17 de maio, ás 19:30 horas, no devandito auditorio de Gondomar. Organiza o IEM e colaboran a Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, a Asociación de Comerciantes Hostaleiros e Empresarios de Gondomar (ACHEGO), e o Concello de Gondomar a través da súa Concellaría de Cultura.

Únese xenerosamente á homenaxe o coro tradicional Cantares do Brión que interpretará pezas do seu repertorio coa incorporación de "Tríadas do vento no mar", poema musicado do libro Sementeira do vento de Paz Andrade. Unha composición creada e ensaiada para este evento. O Acto será conducido polas escritoras Marta Dacosta e Rexina Vega .