Mércores, 3 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Nigrán EU denuncia a falla de actos oficiais en Nigrán no Día das Letras Galegas.

EU denuncia a falla de actos oficiais en Nigrán no Día das Letras Galegas.

Correo-e Imprimir PDF
Francisco Fernandez_Riego

O Consello local de Esquerda Unida lamentou a "falta de actividades culturais no Día das Letras Galegas" no municipio. Nese senso a agrupación reivindica "o primeiro dos nosos bens" e acusa ao goberno do PP de Nigrán de pretender "despouírnos" dese patrimonio. O seu portavoz, José Cuevas, fixo un chamamento á cidadanía de Nigrán a defender a lingua galega "diante os ataques do PP".

 EU salienta que "compre artellar unha planificación e uns recursos que fagan efectiva" a normalización do galego, "unha lingua sen a que non se explica a nosa condición como pobo e as nosas achegas ao acervo común da humanidade".

Finalmente, convoca á cidadanía a "facer valer" neste día, "o que son os nosos dereitos culturais individuais e colectivos".