Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Xornada de lectura compartida e lecer para os cativos co clásico A galiña azul de Carlos Casares.

Correo-e Imprimir PDF

rincon-infantil-gondomarOs cativos da bisbarra terán a posibilidade de gozar dunha actividade onde a lectura vai canda o lecer. O club de lectura Lendo Contigo, da Asociación Espazo Lectura, celebrará o sábado 25 a sesión do mes de febreiro, que estará dedicada ao clásico infantil A galiña azul (Galaxia, 1968) de Carlos Casares. A actividade comezará ás 12:00 horas na biblioteca de Gondomar e será dun chisco diferente, chea de sorpresas relacionadas co autor e o conto de lectura.

O escritor Emilio Alonso presenta o seu libro "Vigo a 80 revolucións por minuto" en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

vigoGondomar será unha vez máis escenario da presentación dunha nova obra literaria galega. Neste caso trátase de Vigo a 80 revolucións por minuto (Edicións Xerais, 2011), do escritor Emilio Alonso. O acto terá lugar o vindeiro venres 24 na libraría Libraida (Rúa Rosalía de Castro, nº13)ás 20.30 horas.

"Galicia, país sen santas: Monxas e beatas na Idade Moderna". Tertulia do IEM con Ofelia Rey Castelao

Correo-e Imprimir PDF


ofelia-rey-castelaoEste venres, 17 de febreiro, TERTULIA do Instituto de Estudos Miñoranos coa catedrática de Historia Moderna da Universidade de Santiago, Ofelia Rey Castelao, recentemente distinguida co premio María Josefa Wonenburger 2011, que concede a Unidade Muller e Ciencia de Galicia. O faladoiro terá por título "Galicia, país sen santas: Monxas e beatas na Idade Moderna". A profesora Ofelia Rey Castelao será presentada por Xosé Lois Vilar, historiador e arqueólogo, membro da Xunta de Goberno do IEM.

A concellería de patrimonio de Nigrán busca imaxes antigas dos colexios

Correo-e Imprimir PDF

escolas provalA concellaría de Patrimonio do Concello de Nigrán prepara a elaboración dun vídeo homenaxe con fotografías antigas. Dende o concello fan un chamamento aos veciños para que acheguen imaxes anteigas dos colexios do municipio. Os interesados en aportar as imaxes poden acudir ao Centro de Información á Muller (antiga estación de tranvía de Panxón) e entregalas alí.

Se alguén só coñece o Val Miñor polas miñas fotos xa está tardando en vir

Correo-e Imprimir PDF

Praia de Patos - Unha das imaxes de Juan Chamorro seleccionadas previamente pola revista inglesa Digital Photo MagazineOs descoñecidos valedores do Val Miñor. Quizáis ese pododería ser o título do libro que recollese e recoñecese a labor desinteresada de moitos dos nosos veciños e veciñas da bisbarra que dende fai moitos anos levan o nome do Val Miñor alén de ultramar. Un traballo moitas veces non recoñecido e descoñecido polos seus propios conveciños, e sobre todo polas propias administracións ou organizmos oficiais que deberían recoñecer dalgún xeito o traballo destes auténticos "valedores do Val Miñor". 

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL