Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura "Galicia, país sen santas: Monxas e beatas na Idade Moderna". Tertulia do IEM con Ofelia Rey Castelao

"Galicia, país sen santas: Monxas e beatas na Idade Moderna". Tertulia do IEM con Ofelia Rey Castelao

Correo-e Imprimir PDF
ofelia-rey-castelao


Este venres, 17 de febreiro, TERTULIA do Instituto de Estudos Miñoranos coa catedrática de Historia Moderna da Universidade de Santiago, Ofelia Rey Castelao, recentemente distinguida co premio María Josefa Wonenburger 2011, que concede a Unidade Muller e Ciencia de Galicia. O faladoiro terá por título "Galicia, país sen santas: Monxas e beatas na Idade Moderna". A profesora Ofelia Rey Castelao será presentada por Xosé Lois Vilar, historiador e arqueólogo, membro da Xunta de Goberno do IEM.

 

Como é costume o faladoiro terá lugar na sede do Instituto de Estudos Miñoranos, na Aula de Cultura "Ponte de Rosas" (Avda. da Feira, 10, baixo, Gondomar) e será o próximo venres 17 de febreiro de 2012 ás 20:30h. Como é tradición, despois do acto aberto ao público en xeral haberá unha cea coa persoa convidada que terá lugar no Pazo da Escola de Mañufe (Gondomar) á que se poderá asistir facendo a correspondente reserva de praza no teléfono 986 360 575 ou no 680 644 4 90 ou ben no correo electrónico Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Ofelia Rey Caselao: É Catedrática de Historia Moderna na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago. Directora da revista Obradoiro de Historia Moderna (1990-2005). Responsable para a Europa Mediterránea da International Commision of Historical Demography. Foi Directeur d'études en Ecole des Hautes Etudes en Sciences Sociales en París nos anos 2004-2005. Dirixe desde 1992 doce proxectos de investigación de ámbito estatal e internacional; na actualidade dirixe o proxecto titulado A cultura letrada no Noroeste peninsular na Idade Moderna: do oral ao escrito, como continuación doutro anterior -Da Cultura oral á escrita. É autora de once libros e de más de cen artigos sobre diversos temas -demografía histórica, historia rural, historia social-, nos últimos anos dedícase á historia cultural e en especial ao estudo dos condutos de difusión da cultura.

Bibliografía:

2009 - Historia das Mulleres en Galicia (Ofelia Rey Castelao, Serrana M. Rial García)(Editorial Nigratea, Vigo)

2006 - Os mitos do apóstolo Santiago (Ofelia Rey Castelao) (Nigratea, Vigo)

2003 - Libros e lectura en Galicia (Ofelia Rey Castelao) (Xunta de Galicia)

2002 - Textos Clásicos sobre a historia de Galicia (Ofelia Rey Castelao) (MAPFRE)

1999 - Historia crítica de los falsos cronicones (José Godoy Alcántara, Ofelia Rey Castelao) (Universidad de Granada)

1998 - A Galicia clásica e barroca (Ofelia Rey Castelao) (Galaxia, Vigo)

1998 - Pobres, peregrinos e enfermos. A rede asistencial galega no antigo réxime (Baudilio Barreiro Mallón, Ofelia Rey Castelao) (Nigratea, Vigo)

1995 - Montes e política forestal na Galicia do antigo réxime (Ofelia Rey Castelao) (Universidade de Santiago de Compostela)

1992 - Los Gallegos y América (Antonio Eiras Roel, Ofelia Rey Castelao) (MAPFRE)

1992 - Poder e privilexios na Europa do século XVIII (Ofelia Rey Castelao) (Síntesis)

1985 - A historiografía do Voto de Santiago. Recompilación crítica dunha polémica histórica (Ofelia Rey Castelao) (Universidade de Santiago de Compostela)

1981 - Aproximación á historia rural na comarca da Ulla (Ofelia Rey Catelao) (Universidade de Santiago de Compostela.