Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura

Val Miñor - Cultura

Volven as noites golfas á casa da lectura

Correo-e Imprimir PDF

cabaret trioEste sábado ás 22:30 horas, a asociación Espazo Lectura organiza unha nova edición das Noites Golfas na Casa da Lectura (Nogueira 8-Donas, Gondomar).

A Casa da Lectura converterase nun cabaret coa actuación do trío CABRARET: dúas cabras e unha cantante que virá falarnos do seu libro.

Fran Alonso presenta o seu último libro de poemas

Correo-e Imprimir PDF

fran alonsoEste venres 10 de febreiro, ás 20 horas, terá lugar na librería viguesa Librouro a presentación do último libro de poemas do escritor miñorán Fran Alonso, Transición, publicada pola editorial ourensá Franouren.

O acto será presentado polo director da editorial Franouren, que publicou o libro, e a continuación dará paso a un recital poético a dúas voces, a cargo de Fran Alonso e María Lado.

A escritora Marica Campo no club de lectores Sete Vidas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

 

marica-libroO martes 7 de febreiro na Biblioteca Municipal de Gondomar ten lugar a cita mensual co club de lectura Sete Vidas (Espazo Lectura). Nesta ocasión, os lectores e lectoras que queiran achegarse á biblioteca poderán falar arredor do libro de relatos Confusión e morte de María Balteira (Baía Edicións 2010) da autora luguesa Marica Campo. A actividade comeza ás 20.00 horas. A partir das 21.00 horas, a escritora Marica Campo achegarase á biblioteca de Gondomar para conversar sobre a súa obra coas persoas que acudan ao club.

O OLOCUM, onde a música crece do fondo do mar.

Correo-e Imprimir PDF

jaimemarleyÉ sábado pola mañá. Chego despois de remontar as mil riviravoltas dunha das estradas máis fermosas da costa atlántica. Despois das apertas e bicos correspondentes, baixo a escalinta de pedra cara ao encontro pactado. Os cinceiros aínda están pintados polo tisne das cabichas consumidas durante a madrugada. Bob Marley e unha bandeira de Xamaica danme a benvida, nembargante cheira a mar de argazos, é terra de Mougás. Entrementres, Ifasaanu (Jaime Abelenda - Madrid), entre bocexo e bocexo faime un lugar no seu OLOCUM. Non levo a gravadora, hoxe vin escoitar.

A vida e loita de Valentín Paz-Andrade, nomeado para as Letras Galegas 2012, por Tucho Calvo no IEM.

Correo-e Imprimir PDF

tucho-calvo-libroO Instituto de Estudos Miñoranos inicia as súas actividades en torno a Valentín Paz-Andrade (1898-1987), a figura que a Real Academia Galega consagrou o Día das Letras Galegas 2012, coa presentación do libro Valentín Paz-Andrade, a memoria do século XX, do xornalista, editor e escritor Tucho Calvo. O evento terá lugar este venres 27 de xaneiro ás 20:30 horas na Aula de Cultura Ponte de Rosas . Ademais do autor da obra, o acto contará coa presenza do fillo de Valentín Paz-Andrade e veciño de Gondomar, Alfonso Paz-Andrade e será presentado pola escritora e membro da Xunta de Goberno do IEM Marta Dacosta.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL