Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Volven as noites golfas á casa da lectura

Volven as noites golfas á casa da lectura

Correo-e Imprimir PDF
cabaret trio

Este sábado ás 22:30 horas, a asociación Espazo Lectura organiza unha nova edición das Noites Golfas na Casa da Lectura (Nogueira 8-Donas, Gondomar).

A Casa da Lectura converterase nun cabaret coa actuación do trío CABRARET: dúas cabras e unha cantante que virá falarnos do seu libro.

Cabraret é un grupo musical formado por unha contralto, un acordeonista e un contrabaixista. Trátase dun espectáculo de cabaret onde o humor toma o relevo da música, nunha carreira na que a meta é divertir o público e que os espectadores poidan gozar da fanfarria, mesturada cun pouco de jazz, unha pingas de soul, varios litros de chanson e un chisco de tradición para aromatizar o pentagrama.

CabRaret trío

CabRaret é un trío musical formado por unha contralto, un acordeonista e un contrabaixista. Trátase dun espectáculo de cabaret onde o humor toma o relevo da música, nunha carreira na que a meta é divertir ao público e que os espectadores poidan disfrutar da fanfarria, mesturada cun pouco de jazz, unha pingas de soul, varios litros de chanson e un chisco de tradición para aromatizar o pentagrama. Un paseo desde New Orleans a România, virando en Fisterra, baixando a Lisboa, seguindo ata Tánxer, subindo por Motril, enviando postais a Brasil e chegando a París despois de atravesar os Pirineos baixando en punto morto.

Unha viaxe doada para unha cabareteira e as súas dúas cabras (o seu home e o seu fillo) acostumados a repartir notas musicais desde o seu coche, un 4Latas