Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Preséntase o ciclo de conferencias "O Mar Galego, teatro bélico na Idade das Luces" en Nigrán.

Preséntase o ciclo de conferencias "O Mar Galego, teatro bélico na Idade das Luces" en Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
batalla de_rande

O Concello de Nigrán presentou hoxe o ciclo de conferencias "O Mar Galego, teatro bélico na Idade das Luces: Mirei as naves arder". As mesmas terán lugar dende o vindeiro xoves 8 de marzo no Salón de Plenos do edificio consistorial. O acto contou coa participación do alcalde de Nigrán, Alberto Valverde, a concelleira de Turismo, Cultura e Deportes, Liliana Silva, e os relatores: Fernando Bartolomeu, catedrático de Lingua e Literatura Galega e escritor, José María Peláez, profesor de Metalúrxica da Universidade de Vigo e investigador, e Manuel López Benito, musicólogo e investigador.

 

O ciclo terá como fío condutor a historia do mar galego como escenario de confrontacións bélicas, especialmente a nosa ría pola súa situación xeoestratéxica. A bravura dos normandos, os saqueos e correrías de Drake, famoso pirata británico, a Armada Invencible, a Guerra de Sucesión no século XVIII coa coñecida Batalla dos Galeóns de Rande, un enfrontamento decisivo para o devir económico do conflito, a súa prolongación no tempo e o seu desenlace, que condicionou o mapa de Europa actual.

O Ciclo:

A Batalla de Pontesampaio

O ciclo comezará con la conferencia a cargo de José María Peláez Valle, autor del libro "Héroes en el Olvido", o próximo xoves 8 de marzo a las 20.00 horas. En su exposición abordará a batalla de Pontesampaio, tanto desde un punto de vista histórico como táctico, incluíndo valoracións de militares expertos, que analizan os planes estratéxicos franceses, así como a resposta española e las consecuencias históricas deste acontecemento.

A Batalla de Rande

A segunda conferencia, a cargo de Fernando Bartolomé, tendrá lugar o 15 de marzo tamén ás 20.00 horas, baixo o título "La plata ensangrentada, la Batalla de Rande" a cargo de Fernando Bartolomé .

Escenarios bélicos nas Rías Baixas.

A conferencia do musicólogo Manuel López-Benito, con data 22 de marzo, cerrará este ciclo sobre as batallas ocorridas na nosa ría, una aproximación orixinal a este momento histórico enmarcado en el título "Música entre dos guerras, de Felipe V a Napoleón". López-Benito es musicólogo de número da Sociedad Española de Musicología, conferenciante e divulgador musical