Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Axenda Conferencia do escritor Fernando Bartolomeu sobre a batalla de Rande, no Concello de Nigrán.

Conferencia do escritor Fernando Bartolomeu sobre a batalla de Rande, no Concello de Nigrán.

Correo-e Imprimir PDF
batalla de_rande

O Salón de Plenos do Concello de Nigrán acollerá mañá ás 20.00 horas a segunda conferencia do ciclo "O Mar Galego, teatro bélico na Idade das Luces", baixo o título "A prata ensanguentada: a batalla de Rande", a cargo de Fernando Bartolomeu, catedrático de Lingua e Literatura Galega e escritor.

 

A conferencia abordará a historia do mar galego como escenario de confrontacións bélicas, especialmente a nosa ría pola súa situación xeoestratéxica. A bravura dos normandos, os saqueos e correrías de Drake, famoso pirata británico, a Armada Invencible, a Guerra de Sucesión no século XVIII coa coñecida Batalla dos Galeóns de Rande, un enfrontamento decisivo para o devir económico do conflito, a súa prolongación no tempo e o seu desenlace, que condicionou o mapa de Europa actual.

O relator Fernando Bartolomeu é Catedrático de Lingua española e Literatura e escritor. especializado na historia e a cultura do Século de Ouro.