Xoves, 4 Jul. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais Cultura Noitiña de música e poesía con Xardín Desordenado no Auditorio Municipal de Gondomar Lois Tobío.

Noitiña de música e poesía con Xardín Desordenado no Auditorio Municipal de Gondomar Lois Tobío.

Correo-e Imprimir PDF
xardin-desordenado

O Instituto de Estudos Miñoranos en colaboración coa Concellería de Cultura de Gondomar organiza un concerto do Xardín Desordenado dentro do periplo que este grupo está levando a cabo para promocionar a súa última gravación. O concerto terá lugar o próximo venres 23 de marzo, ás 20:30h. no Auditorio "Lois Tobío" de Gondomar e a súa entrada é libre ata o límite de aforo.

 

Presentación do novo disco en Vigo.

Dim lights Embed Embed this video on your site

Na roda de prensa de presentación do concerto o músico e membro de Xardín Desordenado, Santiago Ferragud indicou que "o disco pretende render unha homenaxe á poesía galega. Nel recóllense dezaseis poemas musicados, que, pola variedade xeracional e estilística, poden constituír unha mostraxe significativa dos poetas contemporáneos".

Presentación do concerto na Aula de Cultura Ponte de Rosas (IEM)

Dim lights Embed Embed this video on your site

Pola súa banda o concelleiro de Cultura de Gondomar, Ignacio Troncoso salientou que "a importancia das obras seleccionadas e a calidade dos músicos confírenlle a este concerto os ingredientes necesarios para asegurar o seu éxito, como confirma a boa acollida que está tendo noutros lugares de Galicia". Destacou ademais, "a dimensión didáctica que o converten nun medio eficaz para iniciarse, particularmente mozos e mozas, no gusto pola poesía".

 

No programa inclúense textos de: Álvarez Cáccamo, Fernán Vello, Eduardo Estévez, Xohán Cabana, Ramiro Fonte, Daniel Salgado, Serxio Iglesias, Manuel Rivas, Rafa Villar, Álvarez Blázquez, Pereira Valcárcel, Manuel María, Anxo Quintela, Uxío Novoneyra e Kiko Neves

Santiago Ferragud fala do novo disco de Xardín Desordenado

Dim lights Embed Embed this video on your site

Xardín Desordenado está integrado por:

Isaac Garabatos (Guitarra).Vigo, músico e compositor, diplomado en harmonía contemporánea e música moderna en "Ateneo Jazz" (Madrid).

Marlene Rodrigues (Voz). Monção, cursou estudos de lírica na Escola de Música Pedro Fesh, baixo a dirección do profesor João Merino, e logo na Escola de Jazz de Porto.

Santiago Ferragud (Guitarra e Voz). Algemesí (Valencia). Forma parte de Los Temples, un mítico grupo de Vigo, formado nos anos sesenta e especializado en rhythm and blues e soul.

Blas Segura (Guitarra) Procede de Arguineguín (Gran Canaria) onde participou na gravación de varios discos. É profesor de guitarra, baixo e teoría musical moderna

David Outumuro (Percusión). Ourense. Diplomado en Percusión Tradicional e Licenciado en Percusión Clásica.